Accesibilidade

Comprometémonos a que os voos de Vueling sexan accesibles e inclusivos para todos. Todos os clientes son benvidos a bordo e esforzámonos por satisfacer as necesidades individuais de cada un.

Estamos en constante traballo para mellorar a accesibilidade dos nosos servizos e adaptarnos ás necesidades cambiantes dos nosos clientes. Como parte deste compromiso, colaboramos con TothomWeb e outras entidades para garantir que a nosa web e os puntos de contacto cumpren as normas de accesibilidade e as boas prácticas.

Con todo, se en calquera momento (reserva, check-in ou para obter información) atopas dificultades ou necesitas axuda, non dubides en poñerte en contacto connosco.

Opcións de escoita

Algúns sistemas operativos permiten ser configurados para que lean texto en voz alta e mesmo ampliar partes determinadas da pantalla. Recomendamos que comprobes que funciona correctamente se fas uso dun software propio antes de realizar calquera transacción na web.

Opcións de visualización

Existen diferentes navegadores que permiten aumentar o tamaño do texto para facilitar a súa visualización. Recomendámosche usar sempre a última versión dedestes:

Asistencia telefónica

Vueling dispón dun servizo telefónico de atención ao cliente que che axudará a resolver calquera dúbida ou a tramitar a túa reserva. Podes poñerte en contacto connosco.

Pasaxeiros con necesidades de viaxe especiais

Se desexas coñecer máis sobre o servizo para pasaxeiros cunha necesidade específica ou unha discapacidade, consulta a información personalizada incluída na páxina: Asistencia especial.