Pasaxeiros con necesidades especiais
Porque queremos ofrecerche o mellor servizo durante a túa viaxe, dámosche todas as facilitades.
Quen pode solicitar o servizo de asistencia no aeroporto?
Como solicito o servizo de asistencia?
Dependendo de canto tempo quede para a saída do voo, podes solicitar a túa asistencia a través dunha canle ou outro.
Máis de 48 horas para a saída do voo
+48h
A través da nosa web, durante a reserva do voo poderás indicar o teu tipo de necesidade especial. Enviarémosche a confirmación de solicitude de asistencia despois de finalizar a reserva.
Menos de 48 horas para a saída do voo
-48h
Chamando ao noso Centro de Atención ao Cliente. Despois da chamada, enviarémosche a confirmación da túa asistencia.
Menos de 24 horas para a saída do voo
-24h
Ponte en contacto directamente co aeroporto para solicitar o servizo. Eles mesmos enviaranche a confirmación.
Que teño que facer o día do voo?
Diríxete ao punto de encontro do aeroporto dúas horas antes da saída do voo. Aconsellámosche que te poñas en contacto co aeroporto uns días antes para fixar unha hora para o encontro. Se non o fixeches, podes usar o interfono que atoparás no punto de encontro e o persoal do aeroporto virate buscar.
Tamén podes acudir directamente aos mostradores de facturación de Vueling e nós encargarémonos de avisar ao servizo de asistencia por ti.
O persoal de asistencia do aeroporto acompañarate en todo momento: desde o check-in no mostrador de facturación ata o teu asento no avión.
