Somos unha liña aérea con xente próxima e coa idea de que sempre hai algo que mellorar.
Para nós, voar é realmente un pracer e sabemos que pagar menos non equivale a ter menos servizos ou comodidade.
Gústanos definir o noso ADN a través dos seguintes principios:
A eficiencia é o noso motor. En Vueling defendemos a eficiencia como a base de todo. Centrarse en facer o que é realmente importante para os nosos clientes, facelo sempre, facelo mellor e conseguir facelo con menos recursos é o motor que nos pon en movemento.
Sempre, mellor e con menos.
O inconformismo é a nosa diferenza. Gústanos crer que sempre hai algo que mellorar e que nós temos algo por facer.
E por que non? É a pregunta que nos fai voar.
A proximidade é a nosa forma de ser. Traballamos para estar preto dos nosos clientes con produtos accesibles e axeitados para eles. Convencidos de que non hai nada que favoreza máis calquera relación que unha actitude aberta, respectuosa e amable.
Sen obstáculos, sen barreiras, con respecto.
Cos pés na terra é o noso carácter. Para nós ter os pés na terra é tan relevante como darlle alas á nosa rebeldía. Empezar por ser realistas é a única vía que coñecemos para conseguir ser diferentes, viables e competitivos.
Somos realistas, porque queremos ir máis alá.