PSD2 asegura a túa tranquilidade á hora de realizar as túas compras en calquera comercio electrónico europeo.
PSD2 é unha directiva da Unión Europea que reforza a seguridade dos pagamentos online dos cidadáns europeos. Esta nova normativa irase aplicando de xeito paulatino en cada país da Unión a partir de setembro de 2019.
Ata o de agora, o pagamento das túas reservas realizábase, con carácter xeral, usando os datos dunha tarxeta de crédito ou débito. No momento en que entre en vigor a normativa PSD2, o teu banco poderache solicitar unha dobre autenticación para completar o pagamento da túa reserva ou dos servizos extra que contrates. Con esta dobre verificación preténdese validar que sexa o propietario lexítimo da conta quen está realizando o pagamento.
O teu banco comprobará a túa identidade con dúas de tres probas posibles:
Poñémosche un exemplo: cando vaias pagar a túa reserva de voos en Vueling, o teu banco podería solicitarche un PIN (algo que coñeces) a través dunha notificación da súa aplicación no teu móbil (algo que tes).