Para voos con orixe ou destino Reino Unido ou voos desde un país que non forma parte do territorio Schengen cara a Europa, é obrigatorio cubrir o documento API (Información de Pasaxeiro por Anticipado). Esta información é requirida polos gobernos destes países antes de comezar a viaxe.
*Na actualidade forman parte do territorio de Schengen os seguintes países:
Alemaña, Austria, Bélxica, Dinamarca, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Holanda, Hungría, Islandia, Italia, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega, Polonia, Portugal, República Checa, República Eslovaca, Suecia e Suíza.
Todos os pasaxeiros que viaxen desde os países que non se inclúen nesta listaxe (países que non forman parte do territorio de Schengen) deberán cubrir a información de pasaxeiro por anticipado (API) cando realicen o check-in.