Residentes e familia numerosa

­­ ­­­­­­­­

Se es residente nas illas Baleares, illas Canarias ou Ceuta, ou se pertences a unha familia numerosa, tes desconto nos nosos voos dentro do territorio español. A continuación, dámosche toda a información que precisas para te beneficiares das distintas bonificacións.

• • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • •
Categoría Desconto na tarifa base do voo Desconto na 1ª maleta/pasaxeiro Quen se pode beneficiar Como obter o desconto
Residente More info
  • 75%
  • 75%
  • Os cidadáns da Unión Europea que residan nas illas Baleares, illas Canarias ou Ceuta poden beneficiarse dun desconto do 75 % no prezo base do billete e na primeira maleta facturada por pasaxeiro. O desconto aplícase en voos nacionais desde a península a Baleares e Canarias, e viceversa.
  • No caso de Ceuta, aplícase en voos peninsulares con orixe ou destino nos aeroportos de Sevilla, Málaga ou Xerez.
  1. Ao iniciar a túa reserva, indica a túa condición de residente activando o cadro que atoparás no buscador de voos da nosa web ou app.
  2. Unha vez selecciones os teus voos e introduzas os datos dos pasaxeiros, enviarémosllos ao Ministerio de Fomento a través do Sistema de Acreditación de Residencia Automática (SARA). Ao finalizar a reserva, indicarémosche o estado de validación dos teus datos.
  3. Se os teus datos son válidos, non será necesario presentar a documentación de residente no aeroporto.
  4. No caso de que os teus datos non se puidesen verificar durante a reserva, deberás presentar a documentación de residente no aeroporto.
  5. Podes comprobar o estado da túa solicitude en calquera momento entrando no apartado Residentes da nosa web.
Familia numerosa xeral (ata 3 fillos)More info
  • 5%
  • 5%
  • Os membros de familias numerosas con nacionalidade española, que posúan o certificado acreditativo, teñen dereito a unha redución no prezo base dos voos dentro do territorio español.
  1. Ao iniciar a túa reserva, activando o cadro de Residentes ou Familia numerosa que atoparás no buscador de voos da nosa web ou app.
  2. Nos datos de pasaxeiro indica o número de certificado de familia numerosa.
  3. O día do voo, debes presentar a documentación acreditativa no aeroporto.
Familia numerosa especial (4 fillos ou máis)More info
  • 10%
  • 10%
  • Os membros de familias numerosas con nacionalidade española, que posúan o certificado acreditativo, teñen dereito a unha redución no prezo base dos voos dentro do territorio español.
  1. Ao iniciar a túa reserva, activando o cadro de Residentes ou Familia numerosa que atoparás no buscador de voos da nosa web ou app.
  2. Nos datos de pasaxeiro indica o número de certificado de familia numerosa.
  3. O día do voo, debes presentar a documentación acreditativa no aeroporto.
Familia numerosa xeral residenteMore info
  • 80%
  • 80%
  • Os residentes que pertenzan a unha familia numerosa e cumpran cos requisitos mencionados anteriormente, tamén poden beneficiarse de desconto nos nosos voos.
  • Como nos casos anteriores, deberás seleccionar o cadro correspondente no noso buscador de voos e introducir os datos solicitados durante a reserva.

    Lembra que aínda que se valide a túa condición de residente, debes presentar a documentación acreditativa de familia numerosa no aeroporto.

Familia numerosa especial residenteMore info
  • 85%

Seleccionaches unha data de ida que é posterior á data de regreso.
Antes de continuar debes seleccionar o número de pasaxeiros que van viaxar.
• • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • •
  • ©2018 Vueling Airlines SA