Embarazadas e pasaxeiros con sobrepeso
- Se estás embarazada poderás viaxar connosco ata as 27 semanas (inclusive) sen necesidade de achegar ningún certificado médico.
- Se estás entre as 28 e 35 semanas (inclusive), deberás presentar un permiso orixinal do médico no que se confirme que podes voar. Este permiso debe indicar tamén o período de validez deste (data de inicio e expiración), número de colexiado e sinatura do médico.
- A partir da semana 36 de xestación en adiante, as embarazadas non poderán voar por motivos de seguridade e pola saúde da nai e do futuro bebé.
Lembra que...
- Non é necesario que nos indiques que estás embarazada durante a reserva.
- Podes solicitar dobre de espazo para voar reservando un asento extra durante a compra do voo a través da nosa web. Se queres reservar máis dun asento extra, podes facelo chamando ao noso Centro de atención ao cliente.
Lembrámosche que...
- Por motivos de seguridade, se precisas extensión do cinto de seguridade, non poderás utilizar os asentos situados nas saídas de emerxencia.
• • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • •
Tamén che pode interesar...
Seleccionaches unha data de ida que é posterior á data de regreso.
Antes de continuar debes seleccionar o número de pasaxeiros que van viaxar.