UNINDO FORZAS CHÉGASE MÁIS LONXE

As nosas alianzas

Máis destinos e frecuencias para ti

Grazas aos acordos de código compartido con outras compañías aéreas, poñemos ao teu dispor aínda máis destinos e vantaxes:

  • Unha oferta máis ampla de voos ás principais cidades españolas, europeas e do continente americano.
  • Posibilidade de combinar voos de Vueling e doutras compañías para realizar a túa viaxe a onde queiras, cando queiras.

E todo isto coa comodidade de poder reservar os teus voos desde vueling.com.

Acordos actuais

Viaxar con Iberia

Os acordos de código compartido con Iberia permítennos poñer ao teu dispor aínda máis destinos e frecuencias. Grazas a esta alianza, a ruta Barcelona-Madrid conta con ata 26 frecuencias diarias.

A continuación explicámosche as características dos voos reservados a través de Vueling e operados por Iberia:

Check-in e tarxetas de embarque
  • Voo directo Iberia: o check-in online está dispoñible desde 24 horas antes da saída do voo. Desde o apartado Check-in online da nosa web serás redirixido á páxina web de Iberia para obter as túas tarxetas de embarque. Se o desexas, tamén poderás facer o check-in no aeroporto o día do voo. En ambos os dous casos, asignaránseche os asentos de xeito gratuíto.
  • Voo en conexión cun traxecto operado por Vueling e outro por Iberia: poderás obter as túas tarxetas de embarque o día do voo nos mostradores de facturación da compañía que opere o primeiro traxecto do voo.
Equipaxe
  • Equipaxe de man: todos os voos en código compartido con Iberia permiten subir en cabina unha peza de equipaxe de man e un accesorio persoal. En voos en conexión operados por diferentes compañías aplicarase, para os dous traxectos, a política más restritiva das dúas compañías en cuanto a límites de equipaxe.
  • Equipaxe facturada: o número de maletas facturadas incluídas na túa reserva depende da tarifa contratada no momento da compra. Se desexas engadir máis equipaxe, poderás facelo no mostrador de facturación da liña aérea o día do voo. Lembra que o límite de peso de cada maleta facturada é de 23 kg.
  • Equipaxe especial: se o desexas, poderás contratar equipaxe especial no aeroporto o día do voo.
Outros servizos
  • Se desexas viaxar coa túa mascota a bordo non esquezas incluíla na túa reserva contratando a tarifa Basic.
Tarifas Iberia
BASIC
  • Equipaxe de man
OPTIMA
  • Equipaxe de man
  • Elección de asento
  • 1 maleta facturada (23 kg)

Viaxar con British Airways

Os acordos de código compartido con British Airways permítennos ofrecerche máis frecuencias en rutas como Barcelona-Londres e outros destinos europeos.

A continuación explicámosche as características dos voos reservados a través de Vueling e operados por British Airways:

Facturación e tarxetas de embarque

O check-in online está dispoñible desde 24 horas antes da saída do voo. Desde o apartado Check-in online da nosa web serás redirixido á páxina web de British Airways para obter as túas tarxetas de embarque. Se o desexas, tamén poderás facer o check-in no aeroporto o día do voo. En ambos os dous casos, asignaránseche os asentos de xeito gratuíto.

Equipaxe
  • Equipaxe de man: todos os voos en código compartido con British Airways permiten subir en cabina unha peza de equipaxe de man e un accesorio persoal.
  • Equipaxe facturada: os voos en código compartido con British Airways permiten a facturación dunha maleta. Se desexas engadir máis equipaxe, poderás facelo no mostrador de facturación da liña aérea o día do voo. Lembra que o límite de peso de cada maleta facturada é de 23 kg.
  • Equipaxe especial: se o desexas, poderás contratar equipaxe especial no aeroporto o día do voo.
Tarifa British Airways
ECONOMY CHECKED BAGGAGE
  • Equipaxe de man
  • Elección de asento
  • 1 maleta facturada (23 kg)

Tamén che pode interesar:

Utilizamos cookies para recordar as túas preferencias, elaborar estatísticas de uso e ofrecerche publicidade baseada nos teus hábitos de navegación. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes obter máis información ao respecto consultando a nosa Política de Cookies.

Aceptar e continuar navegando