En A Coruña
Os dous mil anos de historia que garda a cidade vense reflectidos na Torre de Hércules, un impresionante faro que nunca descansa e que ten servido a moitos viaxeiros para descubrir A Coruña.
É un destino ideal para os amantes da boa gastronomía. Compróbao saboreando desde a cociña máis tradicional como o polbo á feira, o lacón con grelos e mais o marisco, ata a cociña máis innovadora e actual.
Terra de lendas, A Coruña tamén é coñecida como a Cidade de Cristal. Un destino aberto ao mar que permite facer unha interesante viaxe pola costa altántica na compaña da túa parella, familia ou amigos.
Reserva xa o teu voo á Coruña!