En Málaga
Esta cidade andaluza combina historia e modernidade. Podes pasear por estreitas calellas e anchas avenidas, ver xardíns cheos de flores e impresionantes monumentos.
No seu centro histórico podes visitar ata 24 museos. Hai opcións para todos os gustos, pero o máis salientable é o novo museo Picasso, que dinamizou, aínda máis, a vida da cidade. E non esquezas visitar o Castelo de Gibralfaro... Vese unha panorámica espectacular da cidade!
E se o que queres é gozar das praias, podes ir ás calas do leste de Málaga, como a praia de Calahonda en Nerja, un dos lugares máis fermosos da zona.
Reserva xa o teu voo a Málaga!