Política de privacidade
O noso compromiso coa privacidade
Vueling Airlines, S.A. (en diante, Vueling) comprométese a respectar a súa privacidade e a protexer os seus datos persoais.
Pode acceder á nosa Política de Privacidade para comprender mellor como utilizamos os seus datos persoais. Nela explicamos con máis detalle os tipos de datos persoais que obtemos, como os obtemos, con que fins podemos utilizalos e con quen podemos compartilos.
Ao longo da Política de Privacidade atopará unha serie de exemplos específicos de por que e como usamos os seus datos persoais. Se ten calquera dúbida, por favor, póñase en contacto connosco escribindo ao noso Delegado de Protección de Datos a través do enderezo postal a: Delegado de Protección de Datos, Viladecans Business Park, Edif. Brasil, Carrer de Catalunya, 83, 08840, Viladecans (Barcelona).
Sen prexuízo dos dereitos que lle correspondan baixo as leis que resulten de aplicación, a Política de Privacidade e a información anterior non teñen carácter contractual nin forman parte do seu contrato connosco.