Despegando en 3, 2, 1…

QUE VOO QUERES CONSULTAR?

Estado de voos de Vueling

Lembra que:

  • A información do voo é orientativa para o pasaxeiro e pode sufrir modificacións e actualizacións por parte do aeroporto. Por favor, consulta sempre a información de última hora nas pantallas do aeroporto.
  • O horario de facturación do voo é o indicado no correo electrónico de confirmación da compra, independentemente do horario final de saída.
  • A información do estado dos voos actualízase cada 10 minutos. Se desexas coñecer o estado dun voo operado por outra compañía podes facelo a través da súa web ou app.

Que queres saber sobre a información de estado de voos de Vueling?

Como podo ver o estado do meu voo de Vueling?
Para saber se un voo de Vueling vai en hora, se está no aire ou se aterrou, podes consultalo facilmente desde esta páxina de Estado de voos. Só tes que introducir a orixe, o destino e a data do voo para velo.

Onde se atopa o número de voo en Vueling?
Para ver o número de voo tes varias opcións: pódelo buscar nesta páxina de Estado de voos, indicando a orixe e destino e a data ou, se tes unha reserva, pódelo consultar na confirmación da mesma.

Como podo verificar o estado do meu voo?
A páxina de Estado de voos de Vueling dirache se un voo vai en hora, se está voando agora mesmo ou se xa aterrou no aeroporto de destino. Tamén se indicará se o voo se cancelou ou se vai con atraso.

O estado dos voos de Vueling actualízase en tempo real?
A información de voos amósase en tempo real, aínda que pode haber un atraso de 10 minutos. Se vas voar recomendámosche que comprobes tamén as pantallas do aeroporto que teñen sempre a información máis actual.

Como podo saber se o meu voo vai con atraso ou se se cancelou?
Se viaxas con Vueling, informarémoste puntualmente por correo electrónico dos cambios, atrasos ou cancelacións que poida ter o teu voo. Igualmente, se queres podes consultalo nesta páxina de Estado de voos de Vueling.

Como podo saber a terminal da que sae un voo ou a terminal na que aterra?
Para saber a terminal de saída e chegada dun voo, podes consultalo na reserva ou buscando o voo nesta páxina de Estado de voos. Introduce a orixe, o destino e a data do voo e preme sobre o voo que che interesa para ver a información en detalle.

Podo saber se un voo aterrou ou está aínda no aire?
Si, claro. Nesta páxina de Estado de voos poderás buscar un voo e ver se está no aire ou se xa aterrou. Tamén poderás ver cal é a hora prevista de chegada e se o voo vai en hora.