Voos a Viena desde 34,99
Unha mestura de modernidade e tradición, con grandes monumentos e impoñentes edificios.
Voa ao mellor prezo con Vueling
A capital de Austria está chea de grandes monumentos e impoñentes edificios. Pero ademais da súa maxestade, é unha cidade moi viva, na que se celebran continuas festas en palacios, teatros, parques e rúas.
Ten moitísimos lugares por descubrir. Podes empezar polo Parlamento de Viena e seguir pola Catedral de San Esteban, o Palacio Belvedere, a Schwarzenbergplatz ou a Casa Hundertwasser. Viena tamén é a cidade da música, así que non deixes de ir á ópera ou a calquera outra representación musical.
E se queres sorprender os teus compañeiros de viaxe, lévaos tomar algo a algún dos cafés situados á beira do Danubio, un dos lugares favoritos dos vieneses.
Reserva o teu voo a Viena!

