Voos a Venecia desde 29,99
É un lugar único. Non perdas as súas famosas canles e os seus edificios señoriais.
Voa ao mellor prezo con Vueling
Venecia é un lugar único. As súas famosas canles e os edificios señoriais que se atopan ao longo da cidade son algúns dos seus principais atractivos, mais en Venecia hai moito máis por ver!
Podes empezar a descubrir a cidade a pé, visitando a famosa Praza de San Marcos, o Campo della Maddalena ou atravesando a marabillosa Ponte dos Suspiros. Tamén é de visita obrigada o mercado de Venecia, moi preto dunha das insignias da cidade, a Ponte de Rialto.
É moi recomendable a visita a Murano, unha illa moi famosa polo cristal que se fabrica e polas súas casas de cores.
Venecia é un destino ideal para descubrir nunha escapada romántica coa túa parella, xa sexa dando un paseo polas súas rúas ou facendo un inesquecible percorrido en góndola.
Reserva xa o teu voo a Venecia!
