Voos a Tenerife desde 26,99
Goza das súas paisaxes, as súas pintorescas vilas e toma o sol nas súas fantásticas praias.
Voa ao mellor prezo con Vueling
Gozar das paisaxes, visitar as súas pintorescas vilas e tomar o sol nas súas fantásticas praias son algunhas das opcións que che propón a illa de Tenerife.
Podes visitar praias de area branca, dourada, negra... Se cadra, unha das máis atractivas sexa a praia de La arena, que está no núcleo turístico de Puerto Santiago e que é de area negra pola súa orixe volcánica. Tamén é moi agradable a praia de Troya en costa Adeje. Goza da súa area dourada e das súas augas tranquilas e limpas.
Se vas a Tenerife tes que visitar a Orotava, o Drago Milenario, os cantís de Los Gigantes, mais sobre todo, non te podes ir sen coñecer o Teide, o volcán máis famoso e o pico máis alto de España. Podes subir ao seu cumio en teleférico e pasar unha noite no refuxio, seguro que vives unha experiencia única!
Reserva xa o teu voo a Tenerife!

