Voos a Kárpatos desde No info
Unha illa grega que reúne montañas, praias paradisíacas e unha deliciosa gastronomía local.
Voa ao mellor prezo con Vueling
A illa de Kárpatos está situada en Grecia, ao sueste do Mar Exeo. Un lugar moi especial para relaxarte en praias paradisíacas, gozar dunhas vistas inesquecibles e visitar lugares pintorescos.
Non perdas as vilas de Spoa e Olimpo. Por uns momentos darache a sensación de estar nunha postal vivente: a contorna, as casas, as rúas e a amabilidade da xente sorprenderante. E se che gustan as praias solitarias, de area branca e augas cristalinas, achégate a Mesojori, Tristomo ou á pequena illa de Saria.
Por suposto, despois de te mergullar no Mediterráneo nada mellor ca recuperar forzas probando a deliciosa gastronomía local a base de peixe, mariscos e sobremesas tan deliciosos como a Baklava, unha torta de améndoas e mel que xamais esquecerás.
