Seguros e coberturas
Porque non queremos que nada arruíne os teus plans, ofrecémosche seguros e coberturas coas máximas garantías. Para que a túa maior preocupación sexa só gozar.
Cobertura perda de voo
Contrata esta cobertura e viaxa tranquilo: en caso de que perdas o teu voo, poderás recuperar o importe da reserva ou cambiar o teu voo por outro. Lembra que só poderás contratar esta cobertura durante a compra dos teus voos. +info
Seguro de viaxe
A cobertura sanitaria máis completa esteas onde esteas: gastos médicos e odontolóxicos, traslado sanitario, desprazamento e gastos de estancia dun acompañante...
Contrátao agora ou durante a reserva dos teus voos, desde só 10,00 e viaxa sen preocupacións!
Seguro de anulación
Se xurde un imprevisto e precisas cancelar a túa viaxe, este seguro garánteche o reembolso total da túa reserva.
Non esquezas contratalo durante a compra dos teus voos!
Consulta as condicións do seguro.
Seguro de equipaxe
Unha cobertura que che dá solucións en caso de roubo, perda, dano ou atraso da túa equipaxe.
Contrátao durante a reserva ou agora desde só 9,00 /traxecto!
Seguro de equipaxe especial
Viaxa coas máximas garantías para o teu material deportivo ou instrumento musical: busca e localización de equipaxe, indemnización en caso de perda ou roubo e máis...
Podes contratalo agora por só 14,00 /traxecto.
Seguro de mascotas
Porque a túa mascota é parte da familia, merece a mellor cobertura: gastos veterinarios no estranxeiro, gastos por busca en caso de perda e moito máis!
Contrátao durante a reserva ou agora por só 9,00!
