Documentación para viaxar
Ten en conta que:
- Se tes que pasar polo control de pasaportes, debes chegar ao aeroporto con tempo abondo.
- Se voas dentro do espazo Schengen non será necesario pasar por ningún control de documentación.
- Podes ampliar esta información na páxina web oficial de IATA ou na web do Consulado do país de destino.
- Nacionalidade española
-
Voos domésticos (nacionais) - DNI ou pasaporte (acéptanse caducados).
- Carné de conducir expedido en España.
Destinos Schengen
Países- DNI ou pasaporte en vigor. Excepción: os españois que viaxen a Alemaña, Austria, Bélxica, Francia, Holanda, Liechtenstein, Luxemburgo, Malta, Mónaco, Portugal, Suecia e Suíza poden viaxar co pasaporte caducado ata 5 anos.
UE/Non Schengen
Países- DNI ou pasaporte en vigor.
Non UE/Non Schengen - Pasaporte en vigor + visado para o país de destino se se require.
- Nacionalidade italiana
-
Voos domésticos (nacionais) - Documento Nacional de Identidade.
- Pasaporte en vigor.
- Permiso de conducir con fotografía.
- Licenza de navegación.
- Carné de pensionista/xubilado.
- Licenza para realización de instalacións térmicas.
- Permiso de armas.
- Tarxeta identificativa con fotografía emitida e selada pola Administración.
Destinos Schengen
Países- DNI ou pasaporte en vigor.
UE/Non Schengen
Países- DNI ou pasaporte en vigor.
Non UE/Non Schengen - Pasaporte en vigor + visado para o país de destino se se require.
- Unión Europea + Andorra, Islandia, Noruega, Lietchtenstein e Suíza. Países
-
Voos domésticos (nacionais) - DNI ou pasaporte (acéptanse caducados).
- Tarxeta de residencia expedida por un Estado Schengen en vigor.
- Carné de conducir expedido en España.
Destinos Schengen
Países- DNI ou pasaporte en vigor.Excepción: os cidadáns de Alemaña (DNI caducado ata 1 ano), Austria, Bélxica, Francia, Holanda, Italia, Liechtenstein, Luxemburgo, Mónaco, Portugal e Suíza poderán voar a España co seu pasaporte caducado ata 5 anos.
UE/Non Schengen
Países- DNI ou pasaporte en vigor.Excepción: os cidadáns do Reino Unido poderán voar a España co pasaporte caducado ata 1 ano.
Non UE/Non Schengen - Pasaporte en vigor + visado para o país de destino se se require.
- Outros países
-
Voos domésticos (nacionais) - Pasaporte* + visado se se require en vigor.
- Tarxeta de residencia expedida por un Estado Schengen en vigor.
- Carné de conducir expedido en España.
Destinos Schengen
Países- Pasaporte* + visado para o país de destino se se require en vigor.
- Pasaporte* + Tarxeta de residencia expedida por un Estado Schengen en vigor.
UE/Non Schengen
Países- Pasaporte* + visado para o país de destino se se require. Ambos os dous en vigor.
Non UE/Non Schengen - Pasaporte* + visado para o país de destino se se require. Ambos os dous en vigor.
*Importante: O pasaporte deberá ser válido como mínimo tres meses despois da data prevista de partida do territorio dos Estados membros e deberá estar expedido dentro dos dez anos anteriores.
- Menores que viaxan con acompañante
-
Voos domésticos (nacionais) - Os pasaxeiros menores de 14 anos e bebés quedan exentos de levar documentación sempre e cando figuren na mesma reserva ca os adultos acompañantes. *A pesar de non ser obrigatorio, se o menor dispón de documentación propia recomendamos levala, así como tamén o libro de familia, xa que nalgúns aeroportos as autoridades poderían requirilos.
Voos internacionais - Os pasaxeiros menores de 14 anos e bebés deben levar a súa propia documentación individual e unipersoal (DNI ou pasaporte) para viaxaren fóra de España ou no espazo da Unión Europea. Non serán válidas as inscricións de nenos no pasaporte dos pais.
Menores españois:
Se o menor viaxa só cun dos pais, é posible que se solicite por parte das autoridades unha autorización expresa do proxenitor non acompañante ou de quen exerza legalmente a patria potestade.
Se o menor viaxa cun adulto que non sexa ningún dos seus pais ou titores legais, deberá levar consigo o DNI e adicionalmente un modelo de autorización para viaxar que sexa cuberto e asinado polos dous pais/titores legais (sendo obrigatoria a sinatura de ambos os dous pais). Este modelo de autorización pódese conseguir nas dependencias da policía.
Os menores de 18 anos que viaxen cun pasaporte válido non necesitarán da devandita autorización debido a que o pasaporte actúa como consentimento ou autorización dos pais/titor legais.
- Os pasaxeiros menores de 14 anos e bebés quedan exentos de levar documentación sempre e cando figuren na mesma reserva ca os adultos acompañantes.
- Servizo de acompañamento de menores
-
Voos domésticos (nacionais) - DNI ou pasaporte en vigor + 3 copias do formulario de autorización de menores cubertas a man e asinadas polo pai/nai ou titor.
- Se algún dos voos está operado por outra compañía*, debe cubrirse o formulario de autorización de menores da devandita compañía.
Voos internacionais - DNI + 3 copias do formulario de autorización de menores cubertas a man e asinadas polo pai/nai ou titor + autorización do pai/nai/titor que se obtén nas Comisarías de Policía, Postos da Garda Civil, Xulgados, Notarios e Alcaldes.
- Se algún dos voos está operado por outra compañía*, debe cubrirse o formulario de autorización de menores da devandita compañía.
Desde o 21 de setembro de 2017 a contratación do servizo de acompañamento de menores xa non está dispoñible para os nosos voos. Non obstante, continuará prestándose con total garantía para as reservas que xa o contratasen antes desta data para futuros voos.
O servizo préstase segundo as condicións de transporte da compañía operadora do voo. +info - Menores españois entre 12 e 18 anos viaxando sós
-
Voos domésticos (nacionais) - DNI ou pasaporte en vigor.
Voos internacionais - DNI + autorización do pai/nai/titor que se obtén nas Comisarías de Policía, Postos da Garda Civil, Xulgados, Notarios e Alcaldes).
- Pasaporte
*É posible que as autoridades esixan aos menores de 18 anos residentes en determinados países que viaxen sen a compañía dos seus pais ou dun titor legal un formulario asinado por estes antes da saída do voo, sen o cal non se lles permitirá embarcar. Para máis información, podes consultar as condicións de transporte.
Información de Pasaxeiro por Anticipado (API)
Para voos con orixe ou destino Reino Unido ou voos desde un país que non forma parte do territorio Schengen cara a Europa, é obrigatorio cubrir o documento API (Información de Pasaxeiro por Anticipado). Esta información é requirida polos gobernos destes países antes de comezar a viaxe.
Residentes nas Illas Baleares, Illas Canarias e Ceuta
Actualmente, o proceso de validación da condición de residente realízase durante o proceso de compra enviándolle a información directamente ao Ministerio de Fomento. Os pasaxeiros, cuxa condición de residente non se verificase durante a reserva, deberán acreditar a súa residencia no mostrador de facturación ou na porta de embarque. Para iso, deberá presentarse o documento de empadroamento en vigor emitido polo propio concello ou a credencial das correspondentes Cámaras nas que conste a circunscrición de Deputado ou Senador electo. Ten en conta que se non se acredita a condición de residente, o pasaxeiro non poderá voar.
O documento nacional de identidade ou pasaporte servirá para acreditar a identidade, pero non a residencia, quedando VUELING lexitimada para facer copias da documentación presentada e de denegarlle o embarque ao pasaxeiro se detecta calquera deficiencia ou anomalía.
Familia numerosa
Antes do embarque, debe presentarse o orixinal ou unha copia compulsada do Certificado de membro de familia numerosa que os acredita como tales, expedidos pola Comunidade Autónoma.
Pasaxeiros que perderon a documentación
Denuncia orixinal presentada na Policía ou Autoridade Competente. Só para os pasaxeiros en voos internacionais que regresen ao seu país de orixe ou para os pasaxeiros en voos domésticos que regresen ao seu punto de orixe para reservas de voos de ida e volta.
| Países pertencentes ao espazo Schengen |
|
|---|---|
| Países pertencentes á Unión Europea (UE) - Non Schengen |
|
| Unión Europea |
|
- ©2018 Vueling Airlines SA
-
Porque podes acumular Avios con cada reserva.
- Porque usando os teus Avios, podes conseguir incribles descontos.
- Porque aforras tempo ao comprares os voos coa túa conta Vueling Club.
-
Reserva o teu voo
-
A túa reserva
-
Servizos Vueling
- Consegue puntos para voar
- Escolle o teu asento
- Equipaxe
- Equipaxe especial
- Salas VIP
- Viaxar con nenos e bebés
- Consellos para voar
- Información para pasaxeiros
- Tarifas Vueling
- As nosas alianzas
- Premium
- Bono My25%
- Traslados
- Mascotas a bordo
- Elixe o teu seguro
- Trámites (API)
- Viaxar con nenos e bebés
- Consellos para voar
- Flexibilidade e cambios
- Aeroportos
- Oficinas de información e venda
- Parking
- Tenda a bordo
- Vueling Pass
- Solicita a túa factura
- Vueling móbil
- Bloquea o teu prezo
- Revista Ling
- Incidencias de equipaxe
- Incidencias no teu voo
- Newsletter Vuela!
- Hotel Vueling by HC
- Hotel
- Coche
-
Somos vueling
-
Punto
-
Atención ao cliente
