Consegue puntos para voar
Con Vueling podes elixir onde prefires acumular os puntos que consegues coas túas reservas. Aínda non sabes como facelo? É moi sinxelo...
Programa Punto

Punto é o programa de fidelización de Vueling co que poderás xestionar a túa conta e os teus puntos cun só email. Con Punto consegues puntos e despois pódelos trocar por voos a calquera destino Vueling.
Programa Iberia Plus

En Vueling tamén podes acumular Avios e Puntos Elite coa túa tarxeta Iberia Plus polas túas reservas cos que poderás conseguir voos e empregalos para outros servizos de Iberia e o resto de compañías asociadas a Iberia Plus.
Programa Punto
Suma puntos
Co programa de puntos de Vueling podes conseguir puntos para voar. Dá igual a tarifa que escollas, sempre podes acumular os teus puntos en Punto:
- Voos: Por cada 2,00 que gastes nos teus voos conseguirás 1 punto na túa conta (servizos adicionais non incluídos).
- Coches: Se alugas un ou máis coches en vueling.com, conseguirás 1 punto por cada 15,00 que gastes.
- Hoteis: Ao reservar noites de hotel en vueling.com, cada 10,00 conseguirás 1 punto.
- Visa Vueling: Por cada 10,00 das túas compras diarias conseguirás 1 punto: cines, gasolina, restaurantes, supermercados...
- Tarxeta Vueling Pass: Por cada 2,00 que gastes ao mercar a túa tarxeta conseguirás 1 punto na túa conta.
Cambia os teus puntos por voos
Con Punto non só é sinxelo conseguir puntos... gastalos é aínda máis sinxelo! Queres saber como?
- Desde 500 puntos, xa podes conseguir un voo de ida con tarifa Basic e desde 1.000 puntos, xa poder conseguir o de ida e volta con tarifa Basic (taxas, impostos e servizos adicionais non incluídos) a calquera destino Vueling.
- Cos teus puntos poderás voar cando queiras, sen restricións de prazas nin voos.
- Tamén poderán voar cos teus puntos Vueling outras persoas, aínda que ti non vaias como pasaxeiro, mais deberás ser ti quen faga a reserva.
E moitas máis vantaxes…
Myvueling
Se es membro de Punto, tamén formarás parte de myvueling, polo que as túas reservas serán moito máis rápidas, poderás xestionalas de xeito áxil, e gardar os teus pasaxeiros frecuentes.
Recupera os teus puntos
Esqueciches sumar os teus puntos durante a reserva? Non te aqueles! Punto permíteche recuperar os puntos da túa reserva sempre que non pasen 90 días desde a data da compra.
Consellos para sacar o máximo partido a Punto
- Cando reserves voos, noites de hotel, coche… asegúrate de marcar que queres acumular puntos e escribir o teu enderezo electrónico Punto. Así cargaremos de xeito directo os puntos desa reserva!
- Canto antes reserves o teu voo con puntos, menos puntos precisarás para facer a túa reserva. Os puntos Vueling compórtanse do mesmo xeito que os prezos dos billetes, así que che recomendamos que planifiques canto antes os teus voos con puntos.
- Os puntos Vueling caducan por dous motivos: Porque a túa conta fica inactiva durante 18 meses (é dicir, nin acumulas puntos nin os gastas) ou se hai máis de 3 anos que os puntos están na túa conta e non os gastaches. Non deixes que os teus puntos caduquen e voa!
Aínda non es de Punto? Dáte de alta agora e empeza a acumular puntos para voares.
Volver arriba
Programa Iberia Plus
Lembra que só se voas coas tarifas Optima e Excellence de Vueling, tamén poderás acumular Avios e Puntos Elite de acordo coa táboa de obtención de Avios e Puntos Elite. É moi sinxelo, só tes que lembrarte de poñer o teu número de Iberia Plus durante o proceso de compra, xa que despois non poderás recuperalos.
Os Puntos Elite só se obteñen ao voar e son os que che permiten subir de nivel de tarxeta a Prata, Ouro ou Platino. Son aqueles que se obteñen polos teus voos co Grupo Iberia*, Binter, Vueling, Iberia Express ou as compañías oneworld, exceptuando promocións ou ofertas especiais.
Aínda non es de Iberia Plus? Dáte de alta agora e empeza a acumular Avios tamén con Vueling para voar!
*O Grupo Iberia está formado por Iberia, Iberia Regional/Air Nostrum (IB8XXX) e Iberia Express (IB36xx ata IB3999).
Volver arriba
Seleccionaches unha data de ida que é posterior á data de regreso.
Antes de continuar debes seleccionar o número de pasaxeiros que van viaxar.