Check-in online
Aforra tempo e evita colas no aeroporto co check-in online
Podes imprimir a túa tarxeta de embarque desde o teu ordenador ou recibila directamente no teu teléfono móbil.
Se voas cunha de estas tarifas, recibirás unha mensaxe de correo electrónico coas tarxetas de embarque adxuntas, despois da confirmación da túa compra (Este servizo só está dispoñible se os aeroportos da túa reserva permiten o servizo de check-in online).
O check-in en liña é o proceso mediante o cal obtés a tarxeta de embarque e confirmas o teu número de asento a través da web ou o móbil.
Podes obter as túas tarxetas de embarque en diferentes formatos:
A túa tarxeta de embarque estará en formato PDF e precisarás imprimila para presentala o día do voo no aeroporto.
Recibirás un SMS coa túa tarxeta de embarque para presentalo o día do voo.
Poderás descargar a túa tarxeta de embarque na propia aplicación para presentala o día do voo.
A maioría dos aeroportos permiten viaxar co check-in online, pero hai algúns que non teñen habilitado este servizo. Comproba se o teu aeroporto permite viaxar co check-in online.
Ademais hai pasaxeiros que polas súas necesidades especiais de asento non poden realizar o check-in impreso ou móbil e deben acudir ao mostrador de facturación do aeroporto o día do voo:
Se tes calquera dúbida sobre o funcionamento do check-in online, nas preguntas frecuentes atoparás a resposta ás consultas máis habituais dos pasaxeiros.
Recibe a túa tarxeta de embarque impresa ou no móbil
Algúns dos campos están baleiros ou os datos introducidos non son correctos.
O mellor de realizar o check-in online
