En Vueling utilizamos cookies para ofrecerche unha mellor experiencia de navegación e un servizo máis personalizado. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información consultando a nosa política. Aceptar

Campaña de obtención de fondos para a investigación neonatal do Hospital Sant Joan de Déu

Sant Joan de déu_GA
Sant Joan de Déu

Con só 1 € colaboras coa obra Social do Hospital Sant Joan de Déu na investigación sobre a alimentación, os índices de crecemento óptimo e os indicadores para mellorar a nutrición nas primeiras semanas de vida dos bebés prematuros.

Os bebés prematuros son os que nacen antes das 32 semanas, é dicir, despois duns sete meses de xestación ou cun peso menor dun quilo e medio. Estes bebés poden presentar complicacións durante as súas primeiras semanas de vida é probable que teñan secuelas durante a infancia. Para evitar estes problemas é esencial que estean ben nutridos durante o seu ingreso na unidade de neonatos. O obxectivo desta investigación é establecer un sistema que poida detectar se o bebé está ben alimentado e optimizar así o seu desenvolvemento.

Datos de interese

  • Cada ano nacen no mundo 15 millóns de nenos prematuros.
  • En España nacen 31.000 nenos prematuros ao ano, é dicir, 1 de cada 13.
  • Na Unidade de Coidados Intensivos Neonatais (UCIN), ingresan 700 neonatos cada ano, é dicir, 2 nenos cada día.
  • A pesar da melloría nos coidados durante o embarazo (coidados perinatais), os nacementos prematuros continúan en aumento.

A Obra Social do Hospital Sant Joan de Déu

Obra Social Sant Joan de Déu

O hospital materno-infantil Sant Joan de Déu forma parte dun grupo sanitario privado con 40.000 profesionais en máis de 50 países. É un dos hospitais infantís de referencia en España e en Europa polo seu nivel de asistencia e investigación de enfermidades pediátricas.

+ Info
Seleccionaches unha data de ida que é posterior á data de regreso.
Antes de continuar debes seleccionar o número de pasaxeiros que van viaxar.