En Vueling utilizamos cookies para ofrecerche unha mellor experiencia de navegación e un servizo máis personalizado. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información consultando a nosa política. Aceptar

Mercadorías Perigosas

Os pasaxeiros non están autorizados a introducir na aeronave artigos que constitúan un risco para a saúde dos pasaxeiros e a tripulación, así como para a seguridade da aeronave e os bens.

De conformidade co Regulamento (CE) n° 8/2008 da Comisión, do 11 de decembro de 2007, VUELING non é un transportista autorizado para o manexo e transporte de mercadorías perigosas. Polo tanto, non está permitido transportar as seguintes Mercadorías Perigosas, ben sexa na equipaxe de bodega ou de man:
  • Explosivos, municións ou material pirotécnico (como dispositivos pirotécnicos, bengalas, fachos, pistolas de xoguete e fulminantes).
  • Gases inflamables, non inflamables, non tóxicos, tóxicos ou velenosos (como botellas de gas butano ou propano). Os cilindros de osíxeno ou aire gasoso requirido con fins médicos só poden transportarse baleiros e o cilindro non debe exceder dos 5 quilogramos peso bruto, nin superar as medidas de equipaxe de man e debe ir provisto de correa de suxeición. En caso de que o Pasaxeiro requira o subministro de osíxeno durante o voo, deberá solicitar previamente ese servizo ao Transportista chamando ao Centro de Atención do Cliente.
  • Líquidos inflamables (como recambios para chisqueiro, chisqueiros de puro de lapa azul, gasolina, pinturas, disolventes ou bebidas alcohólicas cun contido de alcohol superior ao 70% ou sistemas de osíxeno líquido).
  • Sólidos inflamables (como mistos), substancias con risco de combustión espontánea, substancias que en contacto coa auga emiten gases inflamables.
  • Substancias oxidantes e peróxido orgánico (como lixivias).
  • Substancias tóxicas e infecciosas.
  • Materiais radioactivos.
  • Substancias corrosivas (como mercurio nos termómetros, ácidos, álcalis ou acumuladores eléctricos húmidos).
  • Diversas mercadorías perigosas (como materiais imantados, lámpadas de baixo consumo, artigos con motores de combustión interna).
Tamén por razóns de seguridade, está prohibido transportar os seguintes artigos:

Como Equipaxe de bodega ou facturado:

  • Armas de fogo e municións, agás as destinadas a fins deportivos e caza. As armas de fogo deportivas e de caza poderanse transportar como equipaxe facturada sempre e cando estean descargadas, co seguro posto e embaladas nunha maleta ríxida, de forma que non resulten danadas durante o voo. O pasaxeiro deberá comunicar o transporte de armas de fogo no momento da reserva e presentar o seu correspondente permiso. Será responsabilidade do pasaxeiro informarse sobre as restricións de cada país. Ademais da arma, o pasaxeiro poderá transportar un máximo de 5 kg de munición, que deberá embalar de forma axeitada, por separado da arma. Non se poderá transportar a arma e a munición no mesmo colector. O transporte de municións está suxeito ás normas internacionais sobre transporte de artigos perigosos.
  • Armas brancas de calquera clase e tamaño.
  • Substancias e dispositivos explosivos e incendiarios, como municións, fulminantes, detonadores e espoletas, minas, granadas e outras cargas explosivas de uso militar, fogos de artificio e outros elementos de pirotecnia, botes de fume e cartuchos xeradores de fume e dinamita, pólvora e explosivos plásticos.

Como equipaxe de man:

  • Armas de fogo e outros dispositivos que descarguen proxectís (entre as que se inclúen todo tipo de armas de fogo como pistolas, rifles ou escopetas, pistolas de xoguete, imitacións, pezas procedentes de armas de fogo, miras telescópicas, armas de aire comprimido e CO2, pistolas lanza-bengalas e pistolas estárter ou de sinalización, arcos, béstas e frechas, arpóns e fusiles de pesca e fondas e tiracroios).
  • Dispositivos destinados especificamente a atordar ou inmobilizar (entre as que se inclúen pistolas para atordar, pistolas eléctricas tipo “Taser” ou bastóns para atordar, atordidores para animais e pistolas de matachín e produtos químicos, gases e nebulizadores neutralizadores ou incapacitantes como gases lacrimóxenos, pulverizadores de ácido e aerosois repelentes de animais).
  • Obxectos de punta afiada ou borde cortante (entre os que se inclúen machadas, machados y fendedores, picarañas e picos para xeo, coitelos e navallas con follas de máis de 6 cm de lonxitude, coitelas e navallas de barbear, bisturís, bastóns de esquí e excursionismo, tesoiras con follas de más de 6 cm de lonxitude, equipos de artes marciais punzantes ou cortantes e espadas e sabres).
  • Instrumentos romos (tales como bates de béisbol e softbol, paus e bastóns ou equipos de artes marciais).
  • Substancias e dispositivos explosivos ou incendiarios (tales como municións, fulminantes, detonadores e espoletas, reproducións ou imitacións de dispositivos explosivos, minas, granadas e outras cargas explosivas de uso militar, fogos de artificio e outros elementos de pirotecnia, botes de fume e cartuchos xeradores de fume e dinamita, pólvora e explosivos plásticos).
  • Ferramentas de traballo que poidan utilizarse para causar feridas graves ou ameazar a seguridade da aeronave (tales como pancas, trades e brocas, ferramentas dotadas dunha folla ou eixe de máis de 6 cm de lonxitude, como desaparafusadores e formóns, serras, sopretes, pistolas de proxectil fixo e pistolas grampadoras).

Teña en conta que a lista de artigos considerados Mercadorías Perigosas e Artigos prohibidos para transportar como Equipaxe de bodega ou de man pode variar en calquera momento como consecuencia de cambios na normativa reguladora aplicable.

Para máis información, consulte: www.aena-aeropuertos.es

Seleccionaches unha data de ida que é posterior á data de regreso.
Antes de continuar debes seleccionar o número de pasaxeiros que van viaxar.
• • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • •

Teléfono de contacto desde:
807 300 720 6-24 h todos os días.
0,91 €/min desde rede fixa, e 1,27 €/min desde rede móbil, imp. incl.

  • ©2014 Vueling Airlines SA