En Vueling utilizamos cookies para ofrecerche unha mellor experiencia de navegación e un servizo máis personalizado. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información consultando a nosa política. Aceptar

Preguntas máis frecuentes

As 10 preguntas máis consultadas

  1. 1 De que depende o prezo do billete?
    1. Sobre todo depende de tres cousas: a tarifa que escollas, a antelación de compra e a ocupación do voo. Isto significa que podes elixir o teu tipo de billete, podes comprar máis barato se compras con máis antelación e que o prezo do billete sobe a medida que se enche o avión.

      Ademais, podes aproveitar as ofertas e promocións de Vueling para comprar ao mellor prezo. Se queres sabelo todo, só tes que te dar de alta na nosa newsletter Vuela! e seguirnos en Facebook e Twitter.

  2. 2 Como se compra un billete a través da web?
    1. Mercar o teu billete en Vueling é moi sinxelo e seguro. Só tes que seguir estes 5 pasos:

      • Seleccionar orixe, destino, datas do teu voo e número de pasaxeiros no buscador.
      • Escoller o voo e a tarifa que máis se axuste por horario ou prezo ás túas necesidades.
      • Introducir os datos dos pasaxeiros da reserva.
      • Decidir se queres seleccionar algún servizo adicional para o teu voo: asento, seguro, equipaxe especial, etc.
      • Aceptar as condicións de transporte e realizar o pagamento do voo (con tarxeta, con PayPal, con UATP, con iDeal ou con puntos do programa Punto).

      E xa está! Verás a pantalla da confirmación da túa compra e recibirás un correo electrónico co itinerario dos teus voos.

  3. 3 É aconsellable contratar un seguro?
    1. Claro que si! O seguro sempre che dá máis tranquilidade, xa que cobre todos os imprevistos que poden suceder nunha viaxe: enfermidade, perda ou deterioro de maleta, anulacións etc.

      Ademais tes un seguro específico segundo as túas necesidades de viaxe. Podes atopar información detallada sobre cada seguro para a túa viaxe no apartado “Escolle o teu seguro”.

  4. 4 Teño desconto se pertenzo a unha familia numerosa?
    1. Si, se es parte dunha familia numerosa, podes beneficiarte dunha redución nas tarifas nos voos nacionais. A redución é do 5% para as familias de categoría xeral e do 10% para as de categoría especial.

      Para poder aplicar este desconto, tes que activar o cadro que aparece xusto debaixo do buscador de voos e seleccionar o teu caso no despregable.

      O mesmo día do voo debes amosar os documentos que confirman que es membro dunha familiar numerosa no mostrador de facturación ou na porta de embarque se realizaches o check-in online.

      Lembra que o desconto para familia numerosa nunca se aplicará en voos xa realizados.

  5. 5 Teño desconto se son residente das Illas Baleares, Canarias ou Ceuta?
    1. Si, se es residente das Illas Baleares, Illas Canarias ou de Ceuta podes beneficiarte dun desconto no teu voo e na primeira maleta.

      Só tes que activar o cadro que aparece xusto debaixo do buscador de voos e seleccionar o teu caso no despregable.

      Para obter o desconto cada pasaxeiro deberá acreditar no mostrador de facturación ou porta de embarque a súa condición de residente mediante o documento de empadroamento en vigor emitido polo propio concello ou a credencial das correspondentes Cámaras nas que conste a circunscrición do Deputado ou Senador electo.

      O documento nacional de identidade ou pasaporte servirá para acreditar a identidade, pero non a residencia, quedando VUELING lexitimada para facer copias da documentación presentada e de denegarlle o embarque ao pasaxeiro se detecta calquera deficiencia ou anomalía

      O desconto só se aplica en voos entre aeroportos peninsulares e insulares (agás para os residentes en Ceuta, que poderán beneficiarse deles nos voos entre Sevilla ou Málaga e outros destinos nacionais peninsulares). E nunca se aplicará sobre voos xa realizados.

  6. 6 Podo comprar un billete se non teño acceso a Internet?
    1. Se non tes acceso a Internet, tamén podes comprar o teu billete de Vueling. Tes diferentes opcións:

      Sempre que o precises podes chamar ao noso servizo de Atención ao cliente e realizaremos a compra por ti, (este servizo ten un custo adicional).
      Tamén podes comprar o teu billete na oficina de vendas do aeroporto (este servizo ten un custo adicional).

      E por último, tamén tes a opción de comprar o teu billete a través da túa axencia de viaxes habitual.

  7. 7 Que son os voos en conexión e que beneficio teñen?
    1. Os voos en conexión permiten conectar a través dos aeroportos de Barcelona e Roma destinos de Vueling que de momento non teñen un voo directo.

      Podes viaxar coa tranquilidade de non ter que recoller a túa maleta no aeroporto de escala, xa que a facturas no aeroporto de orixe, e recóllela no aeroporto de destino final. E o mesmo pasa coa tarxeta de embarque! No aeroporto de orixe entregámosche tamén a tarxeta de embarque do segundo voo.

      O tempo da escala en dependerá dos voos que selecciones no momento da túa reserva.

  8. 8 Que é o check-in online?
    1. O check-in online é o proceso no que a través da web podes obter a túa tarxeta de embarque (impresa ou no teu móbil) de forma totalmente gratuíta.

      Coas tarifas Optima e Excellence é aínda máis rápido, xa que ao finalizar a túa reserva recibirás unha mensaxe de correo electrónico coas tarxetas de embarque adxuntas, despois da confirmación da túa compra. Así aforras tempo o día do voo, xa que se non facturas a túa maleta podes ir directamente á porta de embarque evitando facer cola no mostrador de facturación. E se facturas maleta, en Madrid, Barcelona e Bilbao tes un mostrador exclusivo para as reservas co check-in online feito, así que aforras facer cola!!

      Este servizo está dispoñible para a maioría de aeroportos Vueling (se no teu aeroporto non está dispoñible, deberás acudir ao mostrador de facturación o día do voo para que che entreguen a túa tarxeta de embarque). No caso dos voos en conexión tamén podes facer o check-in online, sempre e cando o aeroporto de orixe e escala o permita.

  9. 9 Como podo obter a factura da miña compra?
    1. Se precisas factura da compra dos teus billetes, só tes que ir á sección de “Solicita a túa factura”, ver a factura proforma desde a web para comprobares que está todo ben e despois solicitar a factura oficial.

      A factura oficial envíase por correo electrónico nun prazo de 48 horas despois de realizar o último traxecto da túa reserva.

  10. 10 Podo cambiar os meus billetes?
    1. Abofé! Podes cambiar os billetes ata 2 horas antes da saída do voo cun custo adicional (consulta o importe en servizos adicionais ao voo).

      É posible cambiar a data e hora do voo. Ao custo polo cambio hai que lle engadir calquera diferenza no custo total do voo aplicable no momento en que se realiza o cambio (se a tarifa dispoñible é inferior no voo novo, non se aboará ningún reembolso).

      O cambio do titular da reserva só se pode realizar a través do noso servizo de Atención ao cliente, sempre e cando non se realizase o primeiro voo nos billetes de ida e volta. Ao custo polo cambio hai que lle engadir calquera diferenza no custo total do voo aplicable no momento en que se realiza o cambio (se a tarifa dispoñible é inferior no voo novo, non se aboará ningún reembolso).

      Podes realizar calquera cambio ata 2 horas antes da saída do voo na sección de “Cambia o teu voo” se é un cambio de data, ou ben podes chamar ao noso servizo de atención ao cliente para realizar o cambio de data ou titular do billete.

      E coa tarifa Excellence, podes realizar cambios ilimitados na túa reserva de horario e data a través da web e do teléfono de atención ao cliente. A través deste teléfono tamén podes facer cambios de titular. En todos os dous casos, terase que pagar a diferenza no custo total da tarifa no momento de realizar o cambio (se a tarifa dispoñible é inferior no voo novo, non se realizará ningunha devolución).

Seleccionaches unha data de ida que é posterior á data de regreso.
Antes de continuar debes seleccionar o número de pasaxeiros que van viaxar.