En Vueling utilizamos cookies para ofrecerche unha mellor experiencia de navegación e un servizo máis personalizado. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información consultando a nosa política. Aceptar

Preguntas máis frecuentes

Premium

Que é Premium?

Un nivel que te identifica como cliente exclusivo, para que goces das vantaxes que ofrece Vueling aos seus viaxeiros 
máis frecuentes.

Subir

Como me converto en cliente Premium?

Para converterte en cliente Premium debiches reservar con Vueling un mínimo de 40 voos nos últimos 12 
meses e, ademais, debes estar dado de alta en myvueling. Ten en conta que 1 voo coa tarifa Excellence 
equivale a 3 voos para conseguir este nivel exclusivo (os voos comprados con puntos non contan para acadar 
este nivel).
Ademais, para acadar ou manter o nivel Premium debemos contabilizar os voos nos que sexas pasaxeiro e para 
iso cómpre que no momento de realizar a túa reserva, nos indiques o teu programa de fidelización Punto ou Iberia 
Plus (asegúrate de indicalo tamén no teu perfil de myvueling).

Subir

Cales son as súas vantaxes?

  • Tarxeta Premium: disporás dunha tarxeta física e virtual (no móbil) que te identificará como cliente exclusivo. Ademais proporcionarache información útil como o teu número de cliente, o teu correo electrónico de myvueling, a data de caducidade do teu nivel Premium ou o teléfono exclusivo de atención ao cliente Premium.
  • Embarque preferente: amosando a túa tarxeta Premium poderás acceder ao avión sen esperas, así poderás aproveitar o espazo dispoñible para a túa equipaxe de man.
  • Carril rápido en filtro de seguridade: podes gozar deste servizo nos aeroportos de Barcelona (coa túa tarxeta física ou a túa tarxeta de embarque Premium), Amsterdam (con tarxeta física), Bruxelas (coa túa tarxeta de embarque), Múnic, Hamburgo, Berlín –Tegel e Frankfurt (con tarxeta física ou virtual).
  • Puntos x2 co programa Punto en todos os teus voos (agás promocións).
  • Canle de atención diferenciada: se tes algunha dúbida ou consulta, podes chamar ao centro de atención exclusivo para clientes Premium, onde as túas incidencias se resolverán de maneira prioritaria. Ademais, contas tamén coa sección de Contacto de Vueling onde poderás consultar o noso asistente virtual ou enviarnos unha mensaxe (non esquezas indicar o teu correo electrónico de myvueling para que te identifiquemos como cliente Premium).
  • Mostradores exclusivos de facturación: poderás realizar o check-in no mostrador Excellence dos aeroportos de Barcelona, Madrid e Bilbao.
  • Praza garantida no voo que precises: Se o voo no que queres voar está completo, podes contactar co centro de atención ao cliente Premium, ata 24 horas antes da saída do voo e reservar a túa praza. Ten en conta que o prezo pode variar segundo o voo elixido e que só se garanten un máximo de 2 prazas por voo. Este servizo aínda non está dispoñible para os voos desde Barcelona a: Banjul, Beirut, Dakar, Forteventura, Xerez, Kazan, Kiev, Minsk, Reikjavik; e para o voo Málaga - San Petersburgo.
  • Un voo Punto ao ano para un acompañante, sen gasto de puntos: Se es cliente Premium e vas comprar un voo con puntos para ti, tamén poderás engadir á túa reserva un pasaxeiro adicional sen gasto extra de puntos, é dicir, os puntos utilizados para comprar o teu voo permitiranche incluír un pasaxeiro extra na túa reserva e do teu saldo de puntos só se restarán os puntos do teu billete.
  • Promocións anticipadas: como cliente Premium recibes as ofertas de Vueling e podes aproveitarte delas, antes ca os demais.
  • Dobre período de caducidade para os teus puntos: terás o dobre de tempo (72 meses) para gastar os puntos obtidos polos teus voos comprados durante o período no que es cliente Premium.

En breve ofrecerémosche moitos máis beneficios.

Subir

Ao ser Premium, cantos puntos obteño por cada voo?

Como membro de Punto, por cada 2 € que gastes nos teus voos conseguirás 1 punto na túa conta. Como cliente Premium obtés o dobre de puntos, é dicir, 2 puntos por cada 2 € que gastes en voos (servizos adicionais non incluídos).

Subir

Para ser Premium, contan as reservas que xa fixese con Vueling ou só as que faga a partir de agora?

Para conseguir o nivel Premium contabilízanse as reservas que fixeches nos últimos 12 meses. Se 
estás preto de acadar este nivel, un mes antes enviarémosche un correo electrónico indicando o número de voos que 
che faltan para conseguilo. Ademais, poderás velo tamén no contador de voos do teu perfil de myvueling.
Se xa es Premium, para manter o teu nivel contan as reservas que fagas a partir do momento en que 
te convertiches en cliente Premium. Lembra que sempre que realices algunha reserva de voos debes 
indicar o teu programa de fidelización, Punto ou Iberia Plus (asegúrate de indicar tamén o teu programa 
de fidelización no teu perfil de myvueling).

Subir

Como podo reservar o voo Punto para o meu acompañante?

Entra no apartado "Compra voos con puntos" da túa conta Punto e no buscador de voos atoparás a opción 
de elixir o voo Punto do teu acompañante.
Lembra que para reservar este voo debes comprar un voo con puntos para ti e que só podes gozar do 
voo Punto para o teu acompañante unha vez ao ano.

Subir

O voo no que quero viaxar está completo, como podo conseguir unha praza?

Se o voo no que queres voar está completo, contacta co servizo de atención ao cliente Premium no teléfono 
que atoparás na parte posterior da túa tarxeta Premium ata 24 horas antes da saída do voo e reserva 
a túa praza.
Ten en conta que o prezo pode variar segundo o voo elixido e que só se garanten un máximo de 2 prazas por 
voo.

Subir

En que aeroportos atopo mostradores de facturación diferenciados para clientes Premium?

Os mostradores de facturación para clientes Premium atoparalos nos aeroportos de Barcelona, Madrid e Bilbao.

Subir

Creo que acadei o número de voos necesarios para ser cliente Premium e non recibín ningunha comunicación, que podo facer?

Se cres que cumpres as condicións necesarias e aínda non che comunicamos que acadaches o nivel Premium,
asegúrate de:
1.       Estar dado de alta en myvueling e ter predeterminado no teu perfil un programa de fidelización: Punto ou Iberia 
Plus.
2. Identificarte como pasaxeiro Punto ou Iberia Plus un mínimo de 40 veces en reservas realizadas nos
últimos 12 meses. Se esqueciches indicar o teu programa de fidelización nalgunhas destas reservas, podes recuperalas 
no apartado "Recupera os teus puntos e reservas" da túa conta myvueling.

Se comprobaches os dous puntos anteriores e cumpres todas as condicións para ser cliente Premium, podes chamar
ao noso Centro de atención ao cliente para que che indiquen que tes que facer para conseguir este nivel.

Subir

Recibín un correo electrónico informándome de que xa cumpro os requisitos necesarios para ser cliente Premium pero non teño conta myvueling, que debo facer?

Se recibiches este correo electrónico significa que te identificamos como pasaxeiro frecuente de Vueling ou que acadaches o número mínimo de reservas necesarias para ser cliente Premium. Debes acceder ao formulario de rexistro de myvueling desde a ligazón que atoparás no correo electrónico que che enviamos. É importante que non esperes ata o final do mes en que recibes a comunicación para crear a túa conta myvueling, xa que o prazo para converterte en Premium vence e terás que esperar ao mes seguinte. Recibirás de novo este correo electrónico se aínda cumpres cos requisitos necesarios.

Subir

Xa cumpro os requisitos para ser cliente Premium, que teño que facer?

Parabéns! Automaticamente convérteste en cliente Premium. Comunicarémoscho a través do correo electrónico de contacto que nos indicases no teu perfil de myvueling e farémosche entrega dunha tarxeta que te identificará como cliente Premium. Ademais, tamén terás dispoñible a túa tarxeta Premium virtual na App de Vueling. Non esquezas levar sempre contigo a túa tarxeta Premium para que goces de todos os seus beneficios.

Subir

Durante canto tempo vou ser cliente Premium?

Unha vez acades o nivel Premium gozarás de todas as súas vantaxes durante un ano. Por exemplo, se te convertiches en cliente Premium no mes de xuño de 2014, serás cliente Premium ata o 31 de maio de 2015.

Subir

Que teño que facer para manter o nivel Premium?

Poderás manter o teu nivel un ano máis reservando un mínimo de 40 voos connosco durante o período en que sexas 
cliente Premium. 
Lembra que sempre que realices algunha reserva de voos debes indicar o teu programa de fidelización, Punto ou Iberia
Plus (asegúrate de indicar tamén o teu programa de fidelización no teu perfil de myvueling).

Subir

Que pasa se perdo a tarxeta Premium?

Podes chamar ao centro de atención ao cliente Premium e solicitar un duplicado (con custo). Lembra que mentres tanto podes identificarte como cliente Premium coa túa tarxeta virtual para algúns servizos.

Subir

Teño que ter a miña tarxeta física Premium comigo para beneficiarme dalgún dos servizos asociados?

Para gozar da maioría dos servizos Premium é abondo con ter a tarxeta virtual (agás para acceder ao carril rápido de seguridade, onde terás que presentar a túa tarxeta física). É importante que leves sempre contigo a tarxeta física de Premium para gozar dos servizos que che imos ofrecer proximamente.

Subir

Como contabiliza un vo de ida e volta ou un voo en conexión para conseguir o nivel Premium?

Por “voo” enténdese todo o percorrido desde o lugar de orixe ata o teu destino final, aínda que haxa unha parada polo 
medio. Polo tanto, un voo en conexión conta só como 1 voo e un voo de ida e volta conta como 2 
voos, para conseguir o nivel Premium.
Por exemplo, unha reserva ida e volta de Madrid a Bruxelas, con conexión en Barcelona, conta como 2 voos.

Subir

Onde podo consultar o número de voos que levo como pasaxeiro nos últimos 12 meses?

Se durante a reserva dos teus voos nos indicaches os teu programa de fidelización Punto ou Iberia Plus, as túas reservas quedarán gardadas no apartado As túas reservas como pasaxeiro da túa conta myvueling, onde poderás consultar tanto as reservas que teñas pendentes, como as que xa voaches.

Subir

Algunhas das miñas reservas non se gardaron na conta myvueling, como podo recuperalas?

Para que poidamos saber que es ti o que voa, debes identificarte como membro do programa Punto ou Iberia Plus cando fagas as túas reservas, independentemente da canle de compra. Se non indicaches o teu programa de fidelización durante o proceso de compra, podes recuperar as túas reservas no apartado Recupera os teus puntos e reservas da túa conta myvueling.

Subir

Por que o número de voos que me aparece no contador de myvueling, non cadra co número de reservas que teño no apartado As miñas reservas?

As reservas que aparecen no apartado "As miñas reservas" de myvueling son aquelas nas que indicaches o teu
programa de fidelización, Punto ou Iberia Plus, durante o proceso de compra, independentemente de quen fixese a 
reserva.
É moi importante que te identifiques como membro do programa Punto ou Iberia Plus nas túas reservas, para que
poidamos engadilas automaticamente ao teu perfil.
Para o número de voos que aparece no contador, con todo, si teremos en conta todos aqueles voos
nos que poidamos detectar que es ti o que viaxa, aínda que non te identificases como membro de 
Punto ou Iberia Plus, polo tanto é posible que identifiquemos máis voos dos que tes no apartado 
"As miñas reservas".

Subir

Que pasa coas reservas nas que non me identifiquei como membro de Punto ou Iberia Plus?

Estas reservas non contan para acadar ou manter o nivel Premium xa que non podemos saber que es ti o que viaxa. Polo tanto é importante que recuperes as reservas nas que non indicases o teu programa Punto ou Iberia Plus no apartado "Recupera os teus puntos e reservas" da túa conta myvueling. Non esquezas indicar sempre o teu programa de fidelización nas túas próximas reservas de voos para que todos conten para acadar ou manter o nivel Premium.

Subir

Recibín un correo electrónico informándome de que estou preto de ser cliente Premium pero non teño conta myvueling, que debo facer?

Se recibiches este correo electrónico significa que te identificamos como pasaxeiro frecuente de Vueling ou que estás 
a piques de acadar o número de volos necesarios para ser cliente Premium. 
Se desexas acadar este nivel, reserva os voos que che falten no tempo que che indicamos. Enviarémosche un
correo electrónico cunha ligazón para que te deas de alta en myvueling e te convertas en Premium. 

Subir

Fago reservas de voos para outras persoas, podo converterme en cliente Premium con estas reservas?

Para acadar o nivel Premium cóntanse os voos da persoa que viaxa, independentemente de quen fixese 
a reserva ou a canle pola que se faga. Polo tanto, o cliente Premium será a persoa que apareza como 
pasaxeiro das reservas.

Non esquezas que para acadar ou manter o nivel Premium debes indicar o teu programa de fidelización Punto ou
Iberia Plus sempre que realices algunha reserva de voos (asegúrate de indicar tamén o teu programa 
de fidelización no teu perfil de myvueling).

Subir

Seleccionaches unha data de ida que é posterior á data de regreso.
Antes de continuar debes seleccionar o número de pasaxeiros que van viaxar.