En Vueling utilizamos cookies para ofrecerche unha mellor experiencia de navegación e un servizo máis personalizado. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información consultando a nosa política. Aceptar

Preguntas máis frecuentes

Punto

Que é Punto?

É o programa de Vueling co que acumulas puntos por todos os teus voos.

Sen tarxetas. Poderás xestionar a túa conta só co teu enderezo de correo electrónico e o contrasinal que indiques ao te dar de alta en myvueling (a área privada onde poderás consultar toda a túa información de Punto).

Se aínda non te deches de alta en Punto, podes facelo agora! E así empezar a acumular puntos coas túas reservas en Vueling.

Subir

Onde podo darme de alta en Punto?

Podes darte de alta en Punto desde myvueling. Só tes que cubrir un formulario, indicar un enderezo electrónico e un contrasinal e desde ese momento xa podes empezar a acumular puntos con Vueling. Así de sinxelo!

Subir

Como funciona o Programa Punto?

É moi sinxelo: con Vueling acumulas 1 punto por cada 2 € do importe do billete, con calquera tarifa: Basic, Optima ou Excellence (non inclúe os servizos adicionais que contrates).

Ademais de conseguir puntos en cada voo, tamén tes outras formas de acumular puntos:

  • Facendo a túa reserva de coche, acumulas 1 punto por cada 15 €.
  • Comprando a túa tarxeta Vueling Pass, acumulas 1 punto por cada 2 €.
  • Utilizando a túa tarxeta Visa Vueling, acumulas 1 punto por cada 10 €.
  • Reservando noites de hotel, acumulas 1 puntos por cada 10 €. Se realizas a túa reserva no Hotel Vueling BCN by HC, acumulas 1 punto por cada 2 €.

Subir

Obteño puntos por realizar o check-in online?

A promoción que permitía obter puntos por realizar o check-in online finalizou e, polo tanto, xa non é posible obter puntos por iso.

Subir

Como podo utilizar os meus puntos?

Cos teus puntos podes comprar voos en tarifa Basic. Só que tes que pagar as taxas, os impostos e os servizos adicionais que contrates (por estas taxas e servizos adicionais tamén acumularás puntos).

Para un voo, xa sexa nacional ou internacional, necesitarás un mínimo de:

  • Ida: 500 puntos Vueling.
  • Ida e volta: 1.000 puntos Vueling.

Con Punto, non tes restricións de data, destino ou asentos para as túas compras con puntos.

Ademais, cos teus puntos tamén poderás reservar no Hotel Vueling BCN by HC desde 1.100 puntos.

Subir

Podo comprar ou regalar puntos Vueling?

Con Punto podes comprar os puntos que che falten para voar e cargaranse automaticamente na túa conta.

Tamén podes regalar puntos a quen queiras. Se coñeces o correo electrónico de Punto do beneficiario, os seus puntos cargaranse directamente na súa conta. Se non coñeces o seu correo electrónico de Punto, enviaremos un código de agasallo ao correo electrónico que nos indiques, que poderá trocar por puntos no apartado ”Recupera os teus puntos” da súa conta Punto. Terá ata 6 meses, desde o momento da compra, para trocar o código por puntos.

Lembra que para comprar puntos cómpre que obtiveses puntos por voos con anterioridade. Ademais, o límite para comprar, regalar ou recibir como agasallo é de 10.000 puntos durante un ano natural (do 1 de xaneiro ao 31 de decembro do ano en curso).

Se queres comprar ou regalar puntos, entra na túa conta Punto.

Subir

Son cliente Punto, podo ser tamén Premium?

Claro que si!

O pasaxeiro que voase un mínimo de 40 veces nos últimos 12 meses e se identificase como pasaxeiro Punto ao realizar as súas reservas, acadará o nivel Premium e poderá beneficiarse de todas estas vantaxes:

  • Embarque preferente
  • Acceso gratuíto ao carril rápido en filtro de seguridade no aeroporto de Barcelona (ata final de 2014. 
    Proximamente en máis aeroportos).
  • Puntos x2 en todas as túas reservas de voos.  
  • Canle de atención diferenciada.
  • Mostradores exclusivos de facturación.
  • Promocións anticipadas.
  • Praza garantida se o voo no que precisas viaxar está completo.   
  • Un voo Punto para un acompañante unha vez ao ano, sen gasto de puntos para ti.
  • Dobre período de caducidade (6 anos) dos puntos obtidos como cliente Premium pola reserva de voos.

Subir

Podo comprar con puntos un voo en conexión?

Actualmente non é posible realizar con Punto unha reserva de voos en conexión, pero podes comprar con puntos cada un dos traxectos por separado.

Subir

Podo cambiar un voo que comprei con puntos?

Podes cambiar un voo comprado con puntos a través do noso centro de atención ao cliente. Aboarémosche os puntos gastados polo teu voo e poderás pagar os custos asociados ao teu novo voo (pagamento só en euros).

Subir

Podo comprar cos meus puntos un billete para outra persoa?

Si, sempre e cando sexas ti o que fai a reserva para esa persoa.

Subir

Se compro un billete para outra persoa, podo acumular os puntos desa reserva?

Os puntos sempre se suman á conta da persoa que voa, polo que non poderás acumular puntos nese caso.

Se coñeces o correo electrónico de punto da persoa á que lle compras o voo, poderá acumular os puntos desa reserva.

Subir

Os puntos Vueling caducan?

Si, os puntos poden caducar por dous motivos:

  • Porque hai máis de 3 anos que están na túa conta e non os gastaches (6 anos para clientes Premium).
  • Se a túa conta está inactiva durante 18 meses. É dicir, nin acumulas nin gastas puntos nese tempo.

Subir

Esquecinme de acumular puntos de Punto durante o proceso de reserva, podo recuperalos máis tarde?

Si, con Punto podes recuperar os puntos das túas reservas sempre e cando non pasasen máis de 90 días desde a data da reserva.

Tamén podes recuperar as reservas que fixeches nos últimos 12 meses para que poidas consultalas na túa conta myvueling e ademais conten para conseguir o nivel Premium.

Para recuperar os teus puntos ou reservas, só tes que entrar no apartado “Recupera puntos e reservas“ dentro de myvueling.

Lembra que o nome e apelidos da reserva deben cadrar co nome e os apelidos que indicases no teu perfil de myvueling.

Subir

Seleccionaches unha data de ida que é posterior á data de regreso.
Antes de continuar debes seleccionar o número de pasaxeiros que van viaxar.