En Vueling utilizamos cookies para ofrecerche unha mellor experiencia de navegación e un servizo máis personalizado. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información consultando a nosa política. Aceptar

Preguntas máis frecuentes

myvueling, o teu espazo persoal

Que é myvueling?

myvueling é un espazo persoal pensado para ofrecer máis vantaxes aos clientes de Vueling. Axiliza o proceso de compra, permite reservar billetes de xeito máis rápido e seguro, e ademais é o lugar onde terás toda a información da túa conta de Punto.

Subir

Quen pode darse de alta en myvueling?

Ti mesmo! Todos os clientes de Vueling poden ter o seu espazo persoal. É unha forma de facilitar o proceso de compra e ofrecer máis vantaxes aos usuarios.

Subir

Que vantaxes me ofrece myvueling?

myvueling ofrece moitas facilidades para que goces voando… e comprando!

  • É exclusivo: Recibirás ofertas e promocións personalizadas.
  • É áxil: Non tes que cubrir formularios para comprar.
  • É seguro: Só ti podes acceder á túa conta cun código de usuario e contrasinal.
  • É útil: Sempre terás á túa disposición os datos das reservas e toda a túa información de Punto

Subir

É seguro gardar os meus datos en myvueling?

Si, é totalmente seguro. Só ti terás acceso á túa conta mediante o teu correo electrónico de usuario e contrasinal. E poderás entrar sempre que queiras para modificar ou eliminar datos.

Subir

Seleccionaches unha data de ida que é posterior á data de regreso.
Antes de continuar debes seleccionar o número de pasaxeiros que van viaxar.