En Vueling utilizamos cookies para ofrecerche unha mellor experiencia de navegación e un servizo máis personalizado. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información consultando a nosa política. Aceptar

Preguntas máis frecuentes

Preparando a viaxe

Con canto tempo de antelación teño que estar no aeroporto?

Recomendámosche chegar con tempo suficiente ao aeroporto. Os mostradores de facturación abren 2 horas e media antes da saída do voo e pechan 40 minutos antes da saída, excepto en:

  • Para todos os voos desde Roma (Fiumicino) e San Petersburgo, os mostradores pechan 45 minutos antes da saída do voo.
  • Para todos os voos desde Tel Aviv, Beirut, Alxer e Orán os mostradores abren 3 horas antes da saída do voo e pechan 60 minutos antes da saída do voo.
  • Se viaxas de París (Orly) a Casabranca, os mostradores pechan 60 minutos antes da saída do voo.
  • Se viaxas de Barcelona a Tel Aviv, os mostradores de facturación pechan 60 minutos antes da saída do voo.

Debes chegar á porta de embarque 30 minutos antes da saída do voo, tal como se indica na tarxeta de embarque. E a porta de embarque pecha 10 minutos antes da saída planeada do voo.

Se viaxas de París a Casabranca, as portas de embarque atópanse na terminal oeste no hall 3, a 15 minutos das portas de embarque do resto de destinos Vueling (hall 1). Recomendámosche ter en conta o tempo necesario para chegar á porta de embarque.

É importante que non chegues máis tarde, xa que despois non se acepta ningún pasaxeiro a bordo.

Subir

Que documentación preciso para voar?

Sempre debes levar o DNI ou pasaporte. En principio abonda con esta documentación pero, tal e como se indica nas nosas Condicións de transporte, cada pasaxeiro é responsable da documentación necesaria para voar segundo a súa situación particular. Se tes algunha dúbida sobre o que podes precisar, pregunta na embaixada ou consulado do teu país.

Para máis información podes consultar a documentación necesaria para a túa viaxe.

Subir

Podo viaxar coa miña tarxeta de residencia?

Podes viaxar polo territorio español coa túa tarxeta de residencia sempre e cando estea en vigor e fose expedida por un Estado Schengen.

De todos os xeitos, tal e como se indica nas nosas Condicións de transporte, , cada pasaxeiro é responsable da documentación necesaria para voar segundo a súa situación particular. Se tes algunha dúbida sobre o que podes precisar, pregunta na embaixada ou consulado do teu país.

Para máis información podes consultar a documentación necesaria para a túa viaxe.

Subir

Podo viaxar co meu bebé?

Abofé que si! En Vueling podes voar co teu bebé dende as 2 semanas ata que cumpra 2 anos (o bebé non pode superar esta idade na data do voo), sempre que elixas as tarifas Optima ou Basic.

Voar co teu bebé ten un custo adicional que se engadirá á reserva do pasaxeiro adulto.

Subir

Os nenos deben levar documentación?

Si, ao igual que os adultos, os nenos deben levar o seu DNI ou pasaporte.

Como excepción, os menores de 14 anos que voen dentro do territorio español poden non levar DNI ou pasaporte, sempre e cando realicen a viaxe acompañados dun adulto maior de 18 anos e que figure na mesma reserva.

Se o menor de 18 anos viaxa nos voos comunitarios só ou con amigos, ademais de levar o DNI ou pasaporte, pediráselle unha autorización oficial do seu pai, nai ou titor.

Subir

É posible que viaxe só o meu fillo menor de idade?

Se o teu fillo ten entre 5 e 11 anos, pode viaxar só se contratas o Servizo de Acompañamento de Menores. A contratación deste servizo pódese realizar desde a nosa web ao reservar o voo, no servizo de atención telefónica ata 24 horas antes da saída do voo, ou nas oficinas do aeroporto ata 2 horas antes da saída do voo.

Se o teu fillo ten entre 11 e 17 anos podes contratar de xeito opcional o servizo de acompañamento de menores unicamente a través do servizo de atención telefónica.

O servizo de Acompañamento de Menores está dispoñible para todos os voos directos de destinos nacionais e internacionais e sempre vai asociado á tarifa Optima. Aínda non está dispoñible para os voos con conexión, por iso os menores deben viaxar sempre acompañados por un adulto nestes voos.

En todos os casos, este servizo contratarase de acordo coa lexislación vixente no país de orixe e de destino.

Podes consultar o importe en servizos adicionais ao voo, e todos os detalles deste servizo nas Condicións do servizo de acompañamento de menores

Subir

É posible realizar o check-in online para un menor de idade?

Si, os menores, sempre que vaian acompañados dun adulto, poden facer o check-in online nos aeroportos que o permitan, excepto:

  • Nos aeroportos italianos onde non está permitido facer o check-in online para os menores de 18 anos.
  • Os pasaxeiros menores non acompañados (UM).
  • Se un adulto viaxa acompañado por un bebé non poderá realizar o check-in online.

Nos casos mencionados débese acudir ao mostrador de facturación con antelación suficiente para obter as tarxetas de embarque.

Subir

Canta equipaxe facturada podo levar?

Se vas voar con equipaxe, lémbrate de elixir as tarifas Optima ou Excellence, xa que inclúen a posibilidade de facturar unha maleta de ata 23 kg de peso por pasaxeiro de forma gratuíta.

Se escolles a tarifa Basic tamén poderás facturar a túa equipaxe cun custo adicional.

Cada pasaxeiro poderá facturar ata 3 maletas cun peso máximo de 23 kg cada unha. Se se supera o límite, cada kg adicional cobrarase a 12 € no aeroporto, ata un máximo de 32 kg por maleta e traxecto. Unha vez facturada a maleta, non se poderá anular a facturación nin solicitar a devolución do importe.

O máis importante é que nos indiques o número de maletas que vas facturar, xa sexa durante a compra do teu voo, engadíndoas á túa reserva unha vez comprado o voo no apartado de “Engade maletas” ou chamando ao servizo de Atención ao cliente. Lembra que unha vez esteas no mostrador de facturación, as maletas non rexistradas terán un custo superior por traxecto e maleta.

Consulta o importe en servizos adicionais ao voo.

Subir

Cuantos vultos podo levar de equipaxe de man?

Contigo a bordo do avión podes levar unha 1 peza de equipaxe de man cun peso máximo de 10 kg e unhas dimensións máximas de 55x40x20 cm. Ademais, tes a posibilidade de levar outro elemento adicional de dimensións substancialmente inferiores, como pode ser un maletín pequeno, un bolso de muller ou ben unha cámara de vídeo ou fotos. Estas condicións dependen tamén da dispoñibilidade de espazo dentro do avión.

Se contrataches a tarifa Excellence podes levar ata 14 kg de equipaxe de man nunha maleta de 55x40x20 cm. E ademais, asegurámosche un lugar para a túa equipaxe de man no interior do avión.

Na porta de embarque compróbanse as medidas da equipaxe de man e só se permite subir a bordo os que cumpran a normativa da compañía. É dicir, que non excedan o peso máximo de 10 kg, as medidas estipuladas (55x40x20 cm) ou o número de vultos. O pasaxeiro que non cumpra estas medidas deberá aboar 35 € por traxecto e maleta (só se acepta pagamento con tarxeta) e a súa maleta será facturada e viaxará na bodega do avión, independentemente de se xa facturou previamente outra maleta.

Para máis información, consulta a sección de equipaxe das nosas Condicións de transporte.

Subir

É mellor facturar a miña equipaxe pola web ou no aeroporto?

É mellor que factures a túa equipaxe a través da web, xa que é moito máis práctico e barato! Lembra que as tarifas Optima e Excellence xa inclúen unha maleta facturada de ata 23 kg por pasaxeiro.

Podes facelo durante a compra do teu voo, engadíndoa á túa reserva unha vez comprado o voo no apartado de “Engade maletas”, ou chamando ao servizo de Atención ao cliente.

Consulta o importe en servizos adicionais ao voo.

Subir

Podo viaxar coa cadeira do meu bebé? E nos voos en conexión?

Sempre que viaxes cun bebé, teremos en conta a súa cadeira de paseo. Por iso está permitido chegar coa cadeira ata a entrada do avión sen custo ningún. Una vez dentro do avión, gardaremos a cadeira e poderás recollela no teu destino na cinta de equipaxe facturada.

Nos voos en conexión entregarémosche a cadeira no destino final. No aeroporto de Barcelona, podes solicitar un carriño especial con cadeira de bebé no mostrador de AENA.

Subir

Pódense facturar bicicletas, paus de golf, táboas de snowboard, táboas de surf ou de windsurf?

Claro que si! Podes viaxar co teu equipo de esquí, táboa de snow, equipo de golf, bicicleta, táboa de surf, vela de windsurf etc. Consulta o importe en servizos adicionais ao voo.

É moi importante que a equipaxe estea correctamente empaquetada para poder ser transportada (ex. a bicicleta desmontada ao máximo posible, con pneumáticos desinflados e con pedais quitados).

Para máis información sobre que equipaxe especial se pode transportar con Vueling, consulta as Condicións de transporte.

Subir

Podo viaxar cun instrumento musical como equipaxe?

Claro que si! Ademais, tes diferentes opcións dependendo do tipo de instrumento musical e medidas:

  • Podes levalo como equipaxe de man sempre que non supere o peso máximo de 10 kg e as medidas establecidas (55 cm de longo, 40 cm de ancho e 20 cm de profundidade).
  • Facturalo como equipaxe especial e o teu instrumento viaxará na bodega do avión (Consulta o importe en servizos adicionais ao voo). Se queres podes contratar unha declaración especial de valor para asegurar o instrumento.
  • Comprar un asento adicional para o teu instrumento e levalo contigo na cabina do avión. Este caso aplícase a guitarras, violonchelos ou instrumentos de similares dimensións.

Para máis información, consulta as condicións de transporte.

Subir

Podo levar a miña mascota a bordo?

En Vueling podes viaxar coa túa mascota a bordo sempre que cumpras en todo momento a normativa vixente en relación ao transporte de animais.


Recorda que:

  1. Só está permitida unha mascota por pasaxeiro e dúas mascotas por voo.
  2. Lembra que só podes voar coa túa mascota se escolles a tarifa Basic.
  3. Os voos con orixe ou destino en Reino Unido e Irlanda non dispoñen do servizo de mascotas.

Para máis información sobre que mascotas son aceptadas, consulta as Condicións de transporte de animais.

Subir

Que podo facer se a miña equipaxe se perde?

Se nalgún momento se perde a túa equipaxe, tes que cubrir un formulario de irregularidade de equipaxe (P.I.R.) na oficina de equipaxes perdidas do propio aeroporto de chegada para que se inicie a busca. Alí facilitaranche unha carta onde atoparás as instrucións e explicacións sobre que facer nestes casos.

En canto a túa equipaxe estea localizada, informaráseche no teléfono que nos facilitaches no formulario de irregularidade (P.I.R). O aeroporto de chegada xestiona a localización da equipaxe ata os cinco días (inclusive) despois da data do P.I.R. A partir desta data, o noso centro de equipaxes encargarase de xestionar a busca e a túa reclamación.

Podes comunicarte con Vueling Equipajes a través dos seguintes teléfonos:

Desde España: 902 48 66 48
Desde Italia: 199 30 80 80
Desde Francia: 0821 23 23 22
Desde Portugal: 707 78 66 77
Desde Bélxica: 070 354 727
Desde Holanda: 0900 777 0038
Resto do mundo: 34 931 51 81 58

Subir

Que pasa se se derrama a miña equipaxe?

Se a túa maleta sofre algún dano que afecte á función protectora do contido, tes que cubrir un formulario de irregularidade de equipaxe (P.I.R.) na oficina de equipaxes perdidas do propio aeroporto de chegada. Lembrámosche que non indemnizamos crocaduras, rabuños, manchas, asas nin rodas rotas.

Para formalizar a túa reclamación tes que enviarnos, nun prazo non superior a 7 días desde a data de chegada do teu voo, a seguinte documentación:

P.I.R.
Etiqueta
Tarxeta de embarque

Recomendámosche conservar unha copia da documentación e enviar a documentación orixinal por correo certificado ao seguinte enderezo:

Vueling Equipajes
Apartado de correos 36.342
28080 Madrid

Subir

Podo cancelar os meus billetes?

Coa Tarifa Excellence podes cancelar o teu voo sempre e cando non se voase xa e reembolsámosche o importe total da tarifa (o pagamento con tarxeta ou Paypal e a compra de calquera servizo adicional que non se inclúa na tarifa non será aboado).

As outras tarifas non che dan a opción de cancelar os teus billetes pero, cun custo adicional (consulta o importe en servizos adicionais ao voo), podes facer cambio de titular ou de data e hora para non perder os teus billetes.

Podes realizar calquera cambio ata 2 horas antes da saída do voo na sección de “Cambia o teu voo” se é un cambio de destino ou data, ou ben podes chamar ao noso servizo de atención ao cliente para realizar o cambio de destino, data ou titular do billete.

Subir

Que fago se non atopo o meu número de confirmación?

O sistema informático de Vueling permite buscar reservas segundo o número de tarxeta de crédito co que fixeches a compra do teu billete. Isto permítenos garantir a confidencialidade da reserva. Por iso, se chamas ao servizo de Atención ao cliente e nos proporcionas este dato, poderemos atopar o teu número de confirmación.

Lembra que ao ir ao aeroporto debes presentar o DNI ou pasaporte para que poidamos comprobar que o teu documento cadra coa persoa que fixo a reserva.

Subir

Podo contratar un seguro despois de comprar o meu billete?

Si, unha vez comprado o teu billete podes contratar o teu seguro no apartado de “Elixe o teu seguro”. Podes elixir o que máis se adapte ás túas necesidades de viaxe:

  1. Seguro de asistencia médica
  2. Seguro de equipaxe
  3. Seguro de equipaxe especial

Subir

Como solicitar asistencia para un pasaxeiro con necesidades especiais?

Actualmente son os propios aeroportos os encargados da asistencia a pasaxeiros con necesidades especiais.

  1. Se realizaches a túa reserva a través da web, deberás solicitar o servizo de asistencia como mínimo 72h antes da túa viaxe, facendo clic aquí e a continuación seguir os pasos que se che indican para completar o formulario de solicitude ou chamando ao Centro de Reservas Vueling 807 200 100. Nós encargarémonos de facer chegar a túa solicitude aos xestores do servizo do aeroporto que corresponda.
  2. Se es unha persoa con discapacidade ou mobilidade reducida e fixeches a túa reserva por teléfono, nós encargarémonos de facer chegar a túa solicitude aos xestores do servizo do aeroporto que corresponda.
  3. Nos aeroportos xestionados por Aena podes reservar ti mesmo a asistencia no aeroporto contactando directamente con eles en www.aena.es ou chamando ao teléfono de atención telefónica de Aena: 902 404 704. Lembra que debes avisar un mínimo de 48 h antes da túa viaxe.

Unha vez no aeroporto tes que dirixirte a un dos puntos de encontro habilitados e solicitar a túa asistencia. Os xestores do servizo a pasaxeiros acompañarante ata os nosos mostradores de facturación.

Lembra que debes presentarte no mostrador de facturación Vueling 2 horas antes da hora de saída do teu voo.

Subir

Podo cambiar os meus billetes?

Abofé! Podes cambiar os billetes ata 2 horas antes da saída do voo cun custo adicional (consulta o importe en servizos adicionais ao voo).

É posible cambiar a data e hora do voo. Ao custo polo cambio hai que lle engadir calquera diferenza no custo total do voo aplicable no momento en que se realiza o cambio (se a tarifa dispoñible é inferior no voo novo, non se aboará ningún reembolso).

O cambio do titular da reserva só se pode realizar a través do noso servizo de Atención ao cliente, sempre e cando non se realizase o primeiro voo nos billetes de ida e volta. Ao custo polo cambio hai que lle engadir calquera diferenza no custo total do voo aplicable no momento en que se realiza o cambio (se a tarifa dispoñible é inferior no voo novo, non se aboará ningún reembolso).

Podes realizar calquera cambio ata 2 horas antes da saída do voo na sección de “Cambia o teu voo” se é un cambio de data, ou ben podes chamar ao noso servizo de atención ao cliente para realizar o cambio de data ou titular do billete.

E coa tarifa Excellence, podes realizar cambios ilimitados na túa reserva de horario e data a través da web e do teléfono de atención ao cliente. A través deste teléfono tamén podes facer cambios de titular. En todos os dous casos, terase que pagar a diferenza no custo total da tarifa no momento de realizar o cambio (se a tarifa dispoñible é inferior no voo novo, non se realizará ningunha devolución).

Subir

Seleccionaches unha data de ida que é posterior á data de regreso.
Antes de continuar debes seleccionar o número de pasaxeiros que van viaxar.