En Vueling utilizamos cookies para ofrecerche unha mellor experiencia de navegación e un servizo máis personalizado. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información consultando a nosa política. Aceptar

Preguntas máis frecuentes

No momento da compra

O pagamento con tarxeta ten algún custo adicional?

Depende do tipo de tarxeta que empregues:

Se pagas con tarxeta de consumidor (particular) de crédito ou débito, emitida en España, non terás ningún cargo adicional.

Se realizas o pagamento cunha tarxeta corporate (tarxeta de empresa), emitida en España, tanto débito como crédito, aplicaráseche un cargo adicional.

Tamén terán un cargo adicional os pagamentos que se realicen con calquera tarxeta de crédito emitida fóra de España.

Subir

É posible comprar un billete de Vueling desde algún sitio que non sexa a web?

Si, tes diferentes opcións para facer a reserva dos teus voos a parte de vueling.com:

  • m.vueling.com: podes acceder ao portal móbil de Vueling e comprar o teu voo da mesma forma que se o comprases desde a web.
  • Aplicacións para iPhone e android: só con descargar a aplicación ao teu teléfono poderás realizar as reservas do teu billete en calquera momento e do xeito máis rápido.
  • Servizo de atención ao cliente: a través do teléfono de atención ao cliente, podemos realizar a reserva do voo por ti, cun custo adicional.
  • Oficina de vendas do aeroporto: se prefires achegarte ao aeroporto para comprar o teu billete, tamén o podes facer! Na oficina de vendas poderás comprar o teu billete cun custo adicional.
  • Axencias de viaxes: Se non tes conexión a internet ou teléfono móbil con conexión, no te preocupes! Tamén podes comprar os teus billetes de Vueling na túa axencia de viaxes habitual.

Subir

Son seguras as compras?

Abofé! O noso sistema de compra segue as normativas de seguridade establecidas. Ademais, www.vueling.com está avalado por VeriSign, unha compañía mundial líder en Certificacións de Seguridade en Internet, entre cuxas vantaxes destacamos:

  • Experiencia: VeriSign asegurou a máis de 765.000 sitios web.
  • A mellor marca de confianza: a marca VeriSign (representada por Secure Site Seal, garantía de sitio seguro) asegura unha confianza total na web e unha compra 100 % segura.
  • Tranquilidade: Os servizos de Secure Site e de Commerce Site inclúen ata 250.000 $ de garantía de protección NetSure® contra as perdas económicas causadas por roubo, imitación, corrupción ou perda dun ID (nome de usuario).
  • Estándares: VeriSign é o único certificado de autoridade que se somete a unha auditoría anual da KPMG para certificar prácticas seguras (Auditoría SAS 70 Tipo II).

Subir

Teño que recoller o meu billete nalgún sitio antes de voar?

Non é necesario! En Vueling só utilizamos billetes electrónicos, así que ao finalizar a túa reserva recibirás un correo electrónico coa confirmación do teu voo e ese é o teu billete.

O día do teu voo, lembra levar a documentación persoal necesaria, para iso recomendámosche que revises que documentación é precisa para a túa viaxe dependendo da túa nacionalidade, orixe e/ou destino ao que voas.

Subir

Que é o check-in online instantáneo?

Se contratas as tarifas Optima ou Excellence, o check-in será instantáneo. Ao rematar a túa reserva, recibirás un correo electrónico coa confirmación da compra e posteriormente recibirás un novo correo electrónico coas tarxetas de embarque adxuntas.

Este servizo está dispoñible para a maioría de aeroportos Vueling (se no teu aeroporto non está dispoñible, deberás acudir ao mostrador de facturación o día do voo para que che entreguen a túa tarxeta de embarque). No caso dos voos en conexión tamén podes recibirás un correo electrónico coas túas tarxetas de embarque, sempre e cando o aeroporto de orixe e a escala o permitan.

Subir

Podo obter a tarxeta de embarque no meu móbil?

Si, sempre que fagas o check-in online para o móbil. Así evitas imprimir documentos, aforras tempo e evitas colas no mostrador de facturación.

Estas son as cidades nas que podes embarcar facendo o check-in online desde o teu móbil: A Coruña, Alacante, Almería, Amsterdam, Asturias (Oviedo), Barcelona, Bilbao, Bordeos, Bruxelas, Düsseldorf, Estocolmo, Forteventura, Gran Canaria, Granada, Ibiza, Lanzarote, Lión, Londres (Heathrow), Madrid, Málaga, Mallorca, Malta, Marsella, Menorca, Milán, Pamplona, París (Orly), Roma, San Sebastián, Santander, Santiago de Compostela, Sevilla, Stuttgart, Tenerife Norte, Tenerife Sur, Valladolid, Venecia, Luxemburgo, Niza, Cardiff, Frankfurt, Dortmund, Múnic, Praga, Toulouse, Berlín, Lille, Londres (Gatwick), Hamburgo, Palermo, Turín, Bolonia, Viena, Nápoles, Catania, Copenhaguen, Lisboa, O Porto, Leipzig, Dresden, Nuremberg, A Palma, Xerez, Hannover, Florencia, Nantes e Vigo.

Cando realices o check-in online do teu voo, marca o cadro de SMS e introduce o teu teléfono móbil (é necesario dispoñer dun teléfono móbil que teña acceso a Internet). Recibirás un SMS coa información sobre a túa reserva e unha ligazón, a través da cal poderás acceder á túa tarxeta de embarque. Esta tarxeta contén un código 2D que tes que presentar no control de seguridade e na porta de embarque.

Se hai algún problema co teu teléfono móbil ou quedas sen batería, diríxete ao mostrador de facturación, como mínimo 40 minutos antes da saída do voo, para obter un duplicado da túa tarxeta de embarque.

Subir

Como podo contratar un seguro?

Mentres fas a compra do teu voo, tes a opción de contratar o seguro de anulación multicausa e o seguro de asistencia médica. Ademais, podes engadir un seguro para a túa maleta ou equipaxe especial.

E se esqueciches contratar o seguro durante o proceso de compra, non te preocupes! Tamén poderás contratalo a posteriori no apartado de “Escolle o teu seguro”.

Subir

Onde podo contactar se teño un seguro e preciso usalo?

Se contrataches un seguro para a túa viaxe e tes algunha dúbida ou precisas poñerte en contacto con Europe Assistance (a empresa coa que contratas o teu seguro a través de Vueling) podes facelo no teléfono 902 110 495, se estás en España, e no +34 91 514 00 10 se estás no estranxeiro.

Subir

Podo elixir asento ao comprar o meu billete?

Abofé! En Vueling podes seleccionar en que asento prefires facer a túa viaxe. Se escolles a tarifa Basic, podes elixilo no mesmo momento da reserva do teu billete ou, se o prefires, despois de compralo na sección de “Escolle o teu asento”. Tamén podes reservalo no servizo de Atención ao cliente ou ao facturar no aeroporto.

E se escolles as tarifas Optima ou Excellence, xa tes un asento incluído na tarifa:

  • Coa tarifa Optima podes elixir de xeito gratuíto asento nas ringleiras dianteiras ou posteriores do avión. Tamén podes elixir o asento preferente ou asento XL cun custo adicional.
  • Coa tarifa Excellence tes á túa disposición, de forma gratuíta un asento na 1ª ringleira do avión, sen ninguén sentado ao teu carón.

Subir

Cales son os diferentes tipos de asentos de Vueling?

Os nosos avións A320 e A319 contan coa seguinte distribución de asentos:

A320

  • Ringleira 1: asentos Excellence
  • Ringleiras 2 a 4: asentos Priority
  • Ringleiras 5 a 11: asentos dianteiros
  • Ringleiras 12 e 14: asentos XL
  • Ringleiras 15 a 31: asentos posteriores

A319

  • Ringleira 1: asentos Excellence
  • Ringleiras 2 a 4: asentos Priority
  • Ringleiras 5 a 9: asentos dianteiros
  • Ringleira 10: asentos XL
  • Ringleiras 11 a 25: asentos posteriores

Subir

Como podo seleccionar o asento Excellence?

O Asento Excellence é exclusivo para as persoas que voan coa tarifa Excellence e está situado na ringleira 1 do avión, ofrece máis espazo e non tes a ninguén sentado ao teu carón. Ao estar asociado á tarifa Excellence, non se pode contratar con outras tarifas.

Subir

Hai algún asento con máis espazo ca os demais?

Si, o asento XL. É máis ancho e ofrece máis espazo para as pernas, para traballar co portátil ou para ler o periódico comodamente.

Pódelo contratar sempre que voes coas tarifas Basic e Optima por un prezo adicional. Só tes que seleccionalo durante o proceso de compra ou na sección de “Escolle o teu asento”, despois de facer a túa reserva. Canto antes elixas mellor, así aseguras o asento!

Este asiento ten máis espazo porque está situado nas saídas de emerxencia. Así que por razóns de seguridade, para ocupar un asento XL hai que cumprir cuns determinados requirimentos de saúde e idade:

      • Ser maior de 15 anos.
      • Non estar embarazada.
      • Ter plena capacidade visual e auditiva e ser capaz de comprender as instrucións dos tripulantes da cabina.
      • Gozar de boa saúde e estar en pleno uso das súas capacidades mentais e físicas.
      • Non ter dificultade para efectuar desprazamentos rápidos debido á idade, peso ou tamaño corporal.
      • Non precisar unha extensión do cinto de seguridade.
      • Non estar baixo custodia nin categorizado como deportado.
Consulta toda a información deste asento no apartado de “Escolle o teu asento”.

Subir

Que vantaxes teño co asento Priority?

Co asento Priority gozarás de moitas vantaxes:

  • Embarque preferente para subir no momento que queiras ao avión.
  • O teu asento estará situado as primeiras ringleiras do avión, entre a 2 e a 4, así poderás baixar tamén dos primeiros.
  • Ademais, permitirache imprimir a tarxeta de embarque desde o momento da reserva ata 4 horas antes da saída do teu voo.

Non te esquezas de contratar o teu asento durante o proceso de compra.

Subir

Podo alugar un coche?

Si. Con Vueling podes reservar un coche de alugueiro en calquera momento:

  • Durante a compra dos teus voos, a través da nosa web, no paso 3 "Personaliza o teu voo".
  • Desde a ligazón que atoparás no correo electrónico de confirmación dos teus voos.
  • Ou accedendo ao apartado "Coches", da sección "Servizos Vueling" en vueling.com.

As reservas de alugueiro de coches realízanse de forma conxunta co noso socio CarTrawler.

Subir

Podo reservar un hotel?

Desde a nosa web podes reservar o teu hotel onde queiras (servizo prestado por Booking.com). É moi sinxelo:

  • Accede desde a ligazón que atoparás no correo electrónico de confirmación dos teus voos.
  • Ou entra ao apartado "Hotel", da sección "Servizos Vueling" en vueling.com.

Ademais, se vas voar a Barcelona, lembra que reservando no Hotel Vueling by HC, podes gozar destas e outras vantaxes:

  • Puntos x5 co programa Punto
  • Copa de benvida e botella de auga
  • Mellor prezo online garantido

Subir

Como se compra un billete a través da web?

Mercar o teu billete en Vueling é moi sinxelo e seguro. Só tes que seguir estes 5 pasos:

  • Seleccionar orixe, destino, datas do teu voo e número de pasaxeiros no buscador.
  • Escoller o voo e a tarifa que máis se axuste por horario ou prezo ás túas necesidades.
  • Introducir os datos dos pasaxeiros da reserva.
  • Decidir se queres seleccionar algún servizo adicional para o teu voo: asento, seguro, equipaxe especial, etc.
  • Aceptar as condicións de transporte e realizar o pagamento do voo (con tarxeta, con PayPal, con UATP, con iDeal ou con puntos do programa Punto).

E xa está! Verás a pantalla da confirmación da túa compra e recibirás un correo electrónico co itinerario dos teus voos.

Subir

É aconsellable contratar un seguro?

Claro que si! O seguro sempre che dá máis tranquilidade, xa que cobre todos os imprevistos que poden suceder nunha viaxe: enfermidade, perda ou deterioro de maleta, anulacións etc.

Ademais tes un seguro específico segundo as túas necesidades de viaxe. Podes atopar información detallada sobre cada seguro para a túa viaxe no apartado “Escolle o teu seguro”.

Subir

Teño desconto se pertenzo a unha familia numerosa?

Si, se es parte dunha familia numerosa, podes beneficiarte dunha redución nas tarifas nos voos nacionais. A redución é do 5% para as familias de categoría xeral e do 10% para as de categoría especial.

Para poder aplicar este desconto, tes que activar o cadro que aparece xusto debaixo do buscador de voos e seleccionar o teu caso no despregable.

O mesmo día do voo debes amosar os documentos que confirman que es membro dunha familiar numerosa no mostrador de facturación ou na porta de embarque se realizaches o check-in online.

Lembra que o desconto para familia numerosa nunca se aplicará en voos xa realizados.

Subir

Teño desconto se son residente das Illas Baleares, Canarias ou Ceuta?

Si, se es residente das Illas Baleares, Illas Canarias ou de Ceuta podes beneficiarte dun desconto no teu voo e na primeira maleta.

Só tes que activar o cadro que aparece xusto debaixo do buscador de voos e seleccionar o teu caso no despregable.

Para obter o desconto cada pasaxeiro deberá acreditar no mostrador de facturación ou porta de embarque a súa condición de residente mediante o documento de empadroamento en vigor emitido polo propio concello ou a credencial das correspondentes Cámaras nas que conste a circunscrición do Deputado ou Senador electo.

O documento nacional de identidade ou pasaporte servirá para acreditar a identidade, pero non a residencia, quedando VUELING lexitimada para facer copias da documentación presentada e de denegarlle o embarque ao pasaxeiro se detecta calquera deficiencia ou anomalía

O desconto só se aplica en voos entre aeroportos peninsulares e insulares (agás para os residentes en Ceuta, que poderán beneficiarse deles nos voos entre Sevilla ou Málaga e outros destinos nacionais peninsulares). E nunca se aplicará sobre voos xa realizados.

Subir

Podo comprar un billete se non teño acceso a Internet?

Se non tes acceso a Internet, tamén podes comprar o teu billete de Vueling. Tes diferentes opcións:

Sempre que o precises podes chamar ao noso servizo de Atención ao cliente e realizaremos a compra por ti, (este servizo ten un custo adicional).
Tamén podes comprar o teu billete na oficina de vendas do aeroporto (este servizo ten un custo adicional).

E por último, tamén tes a opción de comprar o teu billete a través da túa axencia de viaxes habitual.

Subir

Que é o check-in online?

O check-in online é o proceso no que a través da web podes obter a túa tarxeta de embarque (impresa ou no teu móbil) de forma totalmente gratuíta.

Coas tarifas Optima e Excellence é aínda máis rápido, xa que ao finalizar a túa reserva recibirás unha mensaxe de correo electrónico coas tarxetas de embarque adxuntas, despois da confirmación da túa compra. Así aforras tempo o día do voo, xa que se non facturas a túa maleta podes ir directamente á porta de embarque evitando facer cola no mostrador de facturación. E se facturas maleta, en Madrid, Barcelona e Bilbao tes un mostrador exclusivo para as reservas co check-in online feito, así que aforras facer cola!!

Este servizo está dispoñible para a maioría de aeroportos Vueling (se no teu aeroporto non está dispoñible, deberás acudir ao mostrador de facturación o día do voo para que che entreguen a túa tarxeta de embarque). No caso dos voos en conexión tamén podes facer o check-in online, sempre e cando o aeroporto de orixe e escala o permita.

Subir

Como podo obter a factura da miña compra?

Se precisas factura da compra dos teus billetes, só tes que ir á sección de “Solicita a túa factura”, ver a factura proforma desde a web para comprobares que está todo ben e despois solicitar a factura oficial.

A factura oficial envíase por correo electrónico nun prazo de 48 horas despois de realizar o último traxecto da túa reserva.

Subir

Seleccionaches unha data de ida que é posterior á data de regreso.
Antes de continuar debes seleccionar o número de pasaxeiros que van viaxar.