En Vueling utilizamos cookies para ofrecerche unha mellor experiencia de navegación e un servizo máis personalizado. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información consultando a nosa política. Aceptar

Preguntas máis frecuentes

Información sobre Vueling

A que aeroportos voa Vueling?

Vueling sempre voa a aeroportos principais. Así sempre terás a seguridade de ter os mellores servizos e comunicacións, tanto no teu aeroporto de orixe coma no teu aeroporto de destino.

Podes atopar toda a información actualizada sobre os aeroportos aos que voamos na sección de “Aeroportos”.

Subir

A que cidades podo voar con Vueling?

Vueling non para de medrar! Actualmente voamos a máis de 100 destinos. Ademais dos voos directos, tamén realizamos voos en conexión co aeroporto de Barcelona. Na sección “Onde voamos” podes atopar o mapa e a listaxe de todos os nosos destinos. Con cal te quedas?

Se tes suxestións de novos destinos, podes facernos chegar as túas ideas a través da sección de “Contáctanos” da nosa web.

Subir

Que diferenzas hai entre as 3 tarifas de Vueling?

A tarifa Basic é a máis económica. Voas ao destino Vueling que escollas e podes conseguir puntos do programa Punto cos teus voos, así de sinxelo. E se queres completar o teu voo sentándote nun asento concreto, facturando a túa equipaxe ou incluíndo calquera outro servizo de Vueling, só tes que engadilo durante o proceso de compra ou despois en “Xestiona a túa reserva”.

A tarifa Optima ten máis vantaxes. Por exemplo, a tarifa inclúe unha maleta facturada de ata 23 kg por pasaxeiro, permite escoller asento, e mesmo adiantar o teu voo no aeroporto por outro que saia o mesmo día, sempre que haxa dispoñibilidade. Ademais, terás o check-in online instantáneo. É dicir, ao finalizar a túa reserva recibirás adxuntas no correo electrónico de confirmación do teu voo as tarxetas de embarque.

A tarifa Excellence ofréceche máis servizos e vantaxes para facer os teus voos máis cómodos. Está especialmente pensada para as persoas que voan por negocios ou que buscan maior comodidade e servizos no seu voo. Esta tarifa inclúe:

  • Facturación dunha maleta de ata 23 kg por pasaxeiro.
  • Asento Excellence na ringleira 1 do avión e sen ninguén sentado ao teu carón.
  • Flexibilidade de cambios e posibilidade de cancelación.
  • Acceso a mostradores de facturación exclusivos en Bilbao, Madrid e Barcelona.
  • Espazo reservado a bordo para a equipaxe de man.
  • Check-in online instantáneo.
  • Snack e bebida a bordo.
  • Ademais inclúe o servizo de Adianta o teu voo.
  • Salas VIP en aeroportos seleccionados.
  • Carril rápido en filtro de seguridade en Barcelona, Berlín-Tegel, París (Orly), Bruxelas e Amsterdam.

Subir

Por que a veces non atopo voos máis alá de 6 meses?

As compañías aéreas actualizamos a dispoñibilidade de voos dúas veces ao ano, unha vez temos os permisos confirmados para os horarios aos que poderemos voar aos nosos destinos, por iso pode suceder que esteas buscando un voo e aínda non estea posto á venda.

O habitual é que en maio se empecen a subir á venda os voos de finais de outubro en adiante ”voos do winter”, e en setembro se empecen a poñer á venda os voos que se voarán a partir de marzo “voos do summer”.

Subir

Como podo contactar con Vueling?

Sempre que queiras podes contactar con Vueling escribíndonos na sección “Contacto” da nosa páxina web. Alí podes deixar as túas suxestións, reclamacións ou comentarios que nos axuden a mellorar. Se o prefires, tamén podes contactar con nós chamando ao teléfono de atención ao cliente.

E para consultas xerais, tamén nos atoparás nas redes sociais! nos nosos perfís de Facebook: Vueling People (se falas en español, catalán, galego ou éuscaro) e Vueling Europe (para o resto de idiomas), e mais en Twitter.

Subir

De que depende o prezo do billete?

Sobre todo depende de tres cousas: a tarifa que escollas, a antelación de compra e a ocupación do voo. Isto significa que podes elixir o teu tipo de billete, podes comprar máis barato se compras con máis antelación e que o prezo do billete sobe a medida que se enche o avión.

Ademais, podes aproveitar as ofertas e promocións de Vueling para comprar ao mellor prezo. Se queres sabelo todo, só tes que te dar de alta na nosa newsletter Vuela! e seguirnos en Facebook e Twitter.

Subir

Que son os voos en conexión e que beneficio teñen?

Os voos en conexión permiten conectar a través dos aeroportos de Barcelona e Roma destinos de Vueling que de momento non teñen un voo directo.

Podes viaxar coa tranquilidade de non ter que recoller a túa maleta no aeroporto de escala, xa que a facturas no aeroporto de orixe, e recóllela no aeroporto de destino final. E o mesmo pasa coa tarxeta de embarque! No aeroporto de orixe entregámosche tamén a tarxeta de embarque do segundo voo.

O tempo da escala en dependerá dos voos que selecciones no momento da túa reserva.

Subir

Seleccionaches unha data de ida que é posterior á data de regreso.
Antes de continuar debes seleccionar o número de pasaxeiros que van viaxar.