-
- Somos vueling
- Contacto
- Preguntas máis frecuentes
Preguntas máis frecuentes
Fainos a túa pregunta
Se tes unha dúbida que precisas solucionar canto antes, pregúntanola e terás resposta ao instante.Preguntas máis frecuentes
As 10 preguntas máis consultadas
-
1
De que depende o prezo do billete?
-
Sobre todo depende de tres cousas: a tarifa que escollas, a antelación de compra e a ocupación do voo. Isto significa que podes elixir o teu tipo de billete, podes comprar máis barato se compras con máis antelación e que o prezo do billete sobe a medida que se enche o avión.
Ademais, podes aproveitar as ofertas e promocións de Vueling para comprar ao mellor prezo. Se queres sabelo todo, só tes que te dar de alta na nosa newsletter Vuela! e seguirnos en Facebook e Twitter.
-
-
2
Como se compra un billete a través da web?
-
Mercar o teu billete en Vueling é moi sinxelo e seguro. Só tes que seguir estes 5 pasos:
- Seleccionar orixe, destino, datas do teu voo e número de pasaxeiros no buscador.
- Escoller o voo e a tarifa que máis se axuste por horario ou prezo ás túas necesidades.
- Introducir os datos dos pasaxeiros da reserva.
- Decidir se queres seleccionar algún servizo adicional para o teu voo: asento, seguro, equipaxe especial, etc.
- Aceptar as condicións de transporte e realizar o pagamento do voo (con tarxeta, con PayPal ou con puntos do programa Punto).
E xa está! Verás a pantalla da confirmación da túa compra e recibirás un correo electrónico co itinerario dos teus voos.
-
-
3
É aconsellable contratar un seguro?
-
Claro que si! O seguro sempre che dá máis tranquilidade, xa que cobre todos os imprevistos que poden suceder nunha viaxe: enfermidade, perda ou deterioro de maleta, anulacións etc.
Ademais tes un seguro específico segundo as túas necesidades de viaxe. Podes atopar información detallada sobre cada seguro para a túa viaxe no apartado “Escolle o teu seguro”.
-
-
4
Teño desconto se pertenzo a unha familia numerosa?
-
Si, se es parte dunha familia numerosa, podes beneficiarte dunha redución nas tarifas nos voos nacionais. A redución é do 5% para as familias de categoría xeral e do 10% para as de categoría especial.
Para poder aplicar este desconto, tes que activar o cadro que aparece xusto debaixo do buscador de voos e seleccionar o teu caso no despregable.
O mesmo día do voo debes amosar os documentos que confirman que es membro dunha familiar numerosa no mostrador de facturación ou na porta de embarque se realizaches o check-in online.Lembra que o desconto para familia numerosa nunca se aplicará en voos xa realizados.
-
-
5
Teño desconto se son residente das Illas Baleares, Canarias ou Ceuta?
-
Si, se es residente das Illas Baleares, Illas Canarias ou de Ceuta podes beneficiarte dun desconto no teu voo e na primeira maleta.
Só tes que activar o cadro que aparece xusto debaixo do buscador de voos e seleccionar o teu caso no despregable.
Para obter o desconto cada pasaxeiro deberá acreditar no mostrador de facturación ou porta de embarque a súa condición de residente mediante o documento de empadroamento en vigor emitido polo propio concello ou a credencial das correspondentes Cámaras nas que conste a circunscrición do Deputado ou Senador electo.
O documento nacional de identidade ou pasaporte servirá para acreditar a identidade, pero non a residencia, quedando VUELING lexitimada para facer copias da documentación presentada e de denegarlle o embarque ao pasaxeiro se detecta calquera deficiencia ou anomalía
O desconto só se aplica en voos entre aeroportos peninsulares e insulares (agás para os residentes en Ceuta, que poderán beneficiarse deles nos voos entre Sevilla ou Málaga e outros destinos nacionais peninsulares). E nunca se aplicará sobre voos xa realizados.
-
-
6
Podo comprar un billete se non teño acceso a Internet?
-
Se non tes acceso a Internet, tamén podes comprar o teu billete de Vueling. Tes diferentes opcións:
Sempre que o precises podes chamar ao noso servizo de Atención ao cliente e realizaremos a compra por ti, (este servizo ten un custo adicional).
Tamén podes comprar o teu billete na oficina de vendas do aeroporto (este servizo ten un custo adicional).E por último, tamén tes a opción de comprar o teu billete a través da túa axencia de viaxes habitual.
-
-
7
Que son os voos en conexión e que beneficio teñen?
-
Os voos en conexión permiten conectar a través do aeroporto de Barcelona destinos de Vueling que de momento non teñen un voo directo.
Podes viaxar coa tranquilidade de non ter que recoller a túa maleta no aeroporto de escala, xa que a facturas no aeroporto de orixe, e recóllela no aeroporto de destino final. E o mesmo pasa coa tarxeta de embarque! No aeroporto de orixe entregámosche tamén a tarxeta de embarque do segundo voo.
O tempo da escala en Barcelona depende dos voos que selecciones no momento da túa reserva. Ten en conta que o tempo mínimo é de 55 minutos, así tes tempo suficiente para chegar dun voo a outro.
-
-
8
Que é o check-in online?
-
O check-in online é o proceso no que a través da web podes obter a túa tarxeta de embarque (impresa ou no teu móbil) de forma totalmente gratuíta.
Coas tarifas Optima e Excellence é aínda máis rápido, xa que ao finalizar a túa reserva recibes as tarxetas de embarque adxuntas no correo electrónico de confirmación. Así aforras tempo o día do voo, xa que se non facturas a túa maleta podes ir directamente á porta de embarque evitando facer cola no mostrador de facturación. E se facturas maleta, en Madrid, Barcelona e Bilbao tes un mostrador exclusivo para as reservas co check-in online feito, así que aforras facer cola!!
Este servizo está dispoñible para a maioría de aeroportos Vueling (se no teu aeroporto non está dispoñible, deberás acudir ao mostrador de facturación o día do voo para que che entreguen a túa tarxeta de embarque). No caso dos voos en conexión tamén podes facer o check-in online, sempre e cando o aeroporto de orixe e escala o permita.
-
-
9
Como podo obter a factura da miña compra?
-
Se precisas factura da compra dos teus billetes, só tes que ir á sección de “Solicita a túa factura”, ver a factura proforma desde a web para comprobares que está todo ben e despois solicitar a factura oficial.
A factura oficial envíase por correo electrónico nun prazo de 48 horas despois de realizar o último traxecto da túa reserva.
-
-
10
Podo cambiar os meus billetes?
-
Abofé! Podes cambiar os billetes ata 2 horas antes da saída do voo cun custo adicional (consulta o importe en servizos adicionais ao voo).
É posible cambiar a data e hora do voo. Ao custo polo cambio hai que lle engadir calquera diferenza no custo total do voo aplicable no momento en que se realiza o cambio (se a tarifa dispoñible é inferior no voo novo, non se aboará ningún reembolso).
O cambio do titular da reserva só se pode realizar a través do noso servizo de Atención ao cliente, sempre e cando non se realizase o primeiro voo nos billetes de ida e volta. Ao custo polo cambio hai que lle engadir calquera diferenza no custo total do voo aplicable no momento en que se realiza o cambio (se a tarifa dispoñible é inferior no voo novo, non se aboará ningún reembolso).
Podes realizar calquera cambio ata 2 horas antes da saída do voo na sección de “Cambia o teu voo” se é un cambio de data, ou ben podes chamar ao noso servizo de atención ao cliente para realizar o cambio de data ou titular do billete.
E coa tarifa Excellence, podes realizar cambios ilimitados na túa reserva de horario e data a través da web e do teléfono de atención ao cliente. A través deste teléfono tamén podes facer cambios de titular. En todos os dous casos, terase que pagar a diferenza no custo total da tarifa no momento de realizar o cambio (se a tarifa dispoñible é inferior no voo novo, non se realizará ningunha devolución).
-

