En Vueling utilizamos cookies para ofrecerche unha mellor experiencia de navegación e un servizo máis personalizado. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información consultando a nosa política. Aceptar

Preguntas máis frecuentes

Programas de fidelización: Punto e Iberia Plus

Podo ser titular de Punto e Iberia Plus?

Si, podes ser titular de ambos os dous programas: Punto e Iberia Plus. E ti elixes con cal dos dous queres acumular os puntos ou os Avios polo teu voo.

Subir

Podo acumular puntos con Punto ou Avios con Iberia Plus?

Sempre que voes coas tarifas Optima e Excellence podes acumular os teus puntos tanto no programa Punto como Avios en Iberia Plus. Só tes que elixir indicarnos durante o proceso de compra con cal dos dous programas de fidelización queres acumular os teus puntos ou Avios en cada reserva que fagas. Non se poden sumar puntos e Avios nos dous programas á vez.

No caso de que voes coa tarifa Basic, só poderás acumular os teus puntos no Programa Punto de Vueling. Só tes que indicarnos o teu correo electrónico de Punto durante o proceso de reserva ou recuperar os puntos despois, entrando no teu espazo persoal de myvueling.

Lembra que co programa Punto, ademais de acumular puntos polos teus voos, tamén sumas puntos polas túas reservas de hoteis, coches, por utilizar a túa Visa Vueling e por comprar a túa tarxeta Vueling Pass.

Subir

Podo transferir puntos ou Avios de Punto a Iberia Plus e viceversa?

Non é posible a transferencia de puntos a Avios e viceversa entre ambos os dous programas. Así que recomendámosche que antes de facer a túa reserva decidas con que programa che interesa máis acumular os puntos ou os Avios.

Subir

Que é Punto?

É o programa de puntos de Vueling. Voas, acumulas puntos e xestiónalos.

Sen tarxetas, só co teu enderezo de correo electrónico e o contrasinal que indiques ao te dar de alta en myvueling (a área privada onde poderás consultar toda a túa información de Punto), poderás xestionar a túa conta.

Se aínda non te deches de alta en Punto, podes facelo agora! E así empezar a acumular puntos coas túas reservas en Vueling.

Subir

Onde podo darme de alta en Punto?

Podes darte de alta de Punto en myvueling. Só tes que cubrir un formulario, indicar un enderezo electrónico e un contrasinal e desde ese momento xa podes empezar a acumular puntos con Vueling. Así de sinxelo!

Si aínda non o fixeches, podes darte de alta aquí.

Subir

Como podo utilizar os puntos de Punto?

Os teus puntos funcionan como os prezos dos billetes: canto antes reserves o teu voo, menos puntos precisarás e viceversa.

Cando acumulases suficientes puntos para voar, poderás cambiar os teus puntos por voos. Lembra que os voos con puntos permítenche viaxar coa tarifa Basic.

Para un voo, xa sexa nacional ou internacional, necesitarás un mínimo de:

  • Ida en tarifa Basic: a partir de 500 puntos Vueling
  • Ida e volta en tarifa Basic: a partir de 1.000 puntos Vueling

Con Punto, podes obter voos en tarifa Basic e o único que tes que pagar son as taxas, os impostos e os servizos adicionais que contrates (por estas taxas e servizos adicionais tamén acumularás puntos).

Ademais, en Vueling non temos restrición de datas ou asentos para as túas compras con puntos.

Subir

Podo cambiar un voo que comprei con puntos?

Polo momento non é posible facer un cambio dun voo comprado con puntos na web. En caso de ter que cambiar o teu voo, contacta co noso departamento de atención ao cliente. Aboarémosche os puntos gastados polo teu voo e poderás pagar os custos asociados ao teu novo voo en €.

Subir

Como podo darme de alta en Iberia Plus?

Se aínda non es membro de Iberia Plus, podes darte de alta neste mesmo momento.

Os Avios Iberia Plus sérvenche para voar con Vueling ou gozar dos servizos ofrecidos por Iberia e o resto de compañías asociadas ao Programa e poderás cambialos na páxina de Iberia Plus.

Subir

Que hai que facer para sumar Avios coas miñas reservas de Vueling?

Con Vueling podes acumular puntos Vueling ou Avios (Puntos Iberia Plus) sempre que voes coas tarifas Optima ou Excellence. Para acumular Avios tes que ser titular do programa e indicarnos o teu número de Iberia Plus no momento de facer a túa reserva con Vueling.

Consulta a táboa de obtención de Avios.

Subir

Esquecinme de acumular Avios de Iberia Plus durante o proceso de reserva, podo recuperalos máis tarde?

Non, os Avios non se poden recuperar despois de facer a reserva. Se queres acumular Avios en Iberia Plus cómpre que introduzas o teu número de tarxeta no momento de facer a reserva.

Só é posible recuperar puntos co programa Punto, entrando no apartado Recupera os teus puntos da túa área privada.

Subir

Podo conseguir puntos Elite voando con Vueling?

Si, voando con Vueling tamén obterás puntos Elite que che permitirán acceder aos niveis superiores de tarxetas Iberia Plus.

Subir

Podo cambiar os meus Avios na web Vueling?

Non, os Avios téñense que cambiar na páxina de Iberia Plus ou en calquera oficina de Iberia.

Subir

Seleccionaches unha data de ida que é posterior á data de regreso.
Antes de continuar debes seleccionar o número de pasaxeiros que van viaxar.