Fainos a túa pregunta
Se tes unha dúbida que precisas solucionar canto antes, pregúntanola e terás resposta ao instante.Preguntas máis frecuentes
myvueling, o teu espazo persoal
Que é myvueling?
myvueling é un espazo persoal pensado para ofrecer máis vantaxes aos clientes de Vueling. Axiliza o proceso de compra, permite reservar billetes de xeito máis rápido e seguro, e ademais é o lugar onde terás toda a información da túa conta de Punto.
Quen pode darse de alta en myvueling?
Ti mesmo! Todos os clientes de Vueling poden ter o seu espazo persoal. É unha forma de facilitar o proceso de compra e ofrecer máis vantaxes aos usuarios.
Que vantaxes me ofrece myvueling?
myvueling ofrece moitas facilidades para que goces voando… e comprando!
- É exclusivo: Recibirás ofertas e promocións personalizadas.
- É áxil: Non tes que cubrir formularios para comprar.
- É seguro: Só ti podes acceder á túa conta cun código de usuario e contrasinal.
- É útil: Sempre terás á túa disposición os datos das reservas e toda a túa información de Punto
É seguro gardar os meus datos en myvueling?
Si, é totalmente seguro. Só ti terás acceso á túa conta mediante o teu correo electrónico de usuario e contrasinal. E poderás entrar sempre que queiras para modificar ou eliminar datos.

