Cambia o teu voo
En Vueling sabemos que a vida che dá sorpresas e por iso podes cambiar o teu voo cando o precises.

- Xorde un cambio de plans
- A túa reunión adíase a outro día
- Ou simplemente, os imprevistos impídenche viaxar.
- Por iso, en Vueling, os cambios de voo (data, hora ou nome) están permitidos ata 2 horas antes da saída do voo; dámosche a flexibilidade que precisas!
- Podes facer o cambio de data e hora a través da web ou o cambio de data, hora e nome a través do teléfono de atención ao cliente.
- Cambia o teu voo por só 45 € por traxecto e pasaxeiro!
- Cambia o nome do pasaxeiro por só 50 € por traxecto e pasaxeiro!
- A todos os cambios de voo hai que engadirlle a diferenza de tarifa no caso de que a nova tarifa sexa superior.
Tarifa Excellence
Cambia o teu voo ou o nome do titular dos pasaxeiros as veces que queiras sen pagar o cambio (só se pagará a diferenza de tarifa no caso de que a nova sexa superior).

