Maletas

Todo o que precisas saber sobre a túa equipaxe

Vou facturar maleta

suitcase-promo_GA

Facturar a túa maleta significa esquecerte de cargar peso no aeroporto e voar sen preocupacións. Se a túa equipaxe vai superar un vulto do tamaño (55x40x20) ou peso (10 kg) permitidos, factura agora a túa maleta e voa máis cómodo!

+ info

Incluído con:

 

Tarifa Optima  

 

Tarifa Excellence  

Contratando calquera destas dúas tarifas, cada pasaxeiro pode facturar 1 maleta de ata 23 kg.

Desde só 13 € por maleta e traxecto

Quero facturar maleta agora

 

Equipaxe de man

A equipaxe de man é a que podes levar na cabina do avión sempre e cando non supere un vulto de 10 Kg. como máximo e as súas medidas non superen os 55x40x20cm.

 

Lembra que as normas na porta de embarque son estritas. Se as medidas ou o peso da túa equipaxe non son as permitidas, a túa maleta será facturada cun custo de 35 € por traxecto e maleta.

 

Tarifa Excellence  

Só coa Tarifa Excellence poderás levar a equipaxe de man de ata 14 kg de peso e terás espazo asegurado no interior do avión.

Queres asegurar a túa equipaxe?

Co seguro “My dear things” protexe a túa equipaxe de roubos ou de perdas.

Cobre ata 600 € por roubo ou perda de equipaxe e inclúe busca e localización da túa equipaxe.
Ademais, se a túa equipaxe se demora máis de 6 horas, reembolsámosche os gastos de alugueiro de outro equipo de similares condicións ao teu. (150 €/día. Máx. 300€)

Só por 9 € por traxecto!

Equipaxe especial

Non deixes na casa o teu instrumento musical, os teus esquís, táboa de surf, bicicleta ou paus de golf. Engádeo á túa reserva por só 45 € por equipaxe e traxecto!

Instrumento musical

Leva o teu instrumento musical con Vueling! Factura o teu instrumento musical e lévao onde vaias.

Equipo de esquí

Esta tempada de neve, leva os esquís contigo. Con Vueling podes facturar os teus esquís e así evitas ter que alugar uns no teu destino.

Táboa de snow

Leva a túa táboa de snow onde vaias. Non hai nada mellor ca gozar na neve co teu propio equipo!

Equipo de golf

En Vueling, podes facturar o teu equipo de golf e levalo onde vaias xogar.

Bicicleta

Con Vueling podes facturar a túa bicicleta como equipaxe especial e viaxar con ela a calquera destino.

Táboa de surf

Ti, a túa táboa de surf e as ondas... Factura a túa táboa de surf como equipaxe especial e lévaa canda ti nas túas viaxes.

Vela de windsurf

En Vueling podes facturar como equipaxe especial a túa vela de windsurf e levala cada ti a calquera destino Vueling.

Queres asegurar a túa miña equipaxe especial?

My hobbies (2)

Co seguro de equipaxe especial “My hobbies”, a túa equipaxe especial estará protexida ante o roubo ou a perda.

(Condicións)

Inclúe:

  • Roubo ou perda de equipaxe: ata 600 €.
  • Busca e localización de equipaxes.
  • Perda e roubo de pasaporte: ata 300 €.
  • Demora na entrega da equipaxe: ata 300 €.

Só por 14 € por traxecto!

Quero “My hobbies"

Seleccionaches unha data de ida que é posterior á data de regreso.
Antes de continuar debes seleccionar o número de pasaxeiros que van viaxar.