Maletas
Todo o que precisas saber sobre a túa equipaxe
Vou facturar maleta

Facturar a túa maleta significa esquecerte de cargar peso no aeroporto e voar sen preocupacións. Se a túa equipaxe vai superar un vulto do tamaño (55x40x20) ou peso (10 kg) permitidos, factura agora a túa maleta e voa máis cómodo!
+ infoIncluído con:
Tarifa Optima
Tarifa Excellence
Contratando calquera destas dúas tarifas, cada pasaxeiro pode facturar 1 maleta de ata 23 kg.
Desde só 13 € por maleta e traxecto
Equipaxe de man

A equipaxe de man é a que podes levar na cabina do avión sempre e cando non supere un vulto de 10 Kg. como máximo e as súas medidas non superen os 55x40x20cm.
Lembra que as normas na porta de embarque son estritas. Se as medidas ou o peso da túa equipaxe non son as permitidas, a túa maleta será facturada cun custo de 35 € por traxecto e maleta.
Tarifa Excellence
Só coa Tarifa Excellence poderás levar a equipaxe de man de ata 14 kg de peso e terás espazo asegurado no interior do avión.
Queres asegurar a túa equipaxe?

Cobre ata 600 € por roubo ou perda de equipaxe e inclúe busca e localización da túa equipaxe.
Equipaxe especial
Non deixes na casa o teu instrumento musical, os teus esquís, táboa de surf, bicicleta ou paus de golf. Engádeo á túa reserva por só 45 € por equipaxe e traxecto!
Instrumento musical

Leva o teu instrumento musical con Vueling! Factura o teu instrumento musical e lévao onde vaias.
Equipo de esquí

Esta tempada de neve, leva os esquís contigo. Con Vueling podes facturar os teus esquís e así evitas ter que alugar uns no teu destino.
Táboa de snow

Leva a túa táboa de snow onde vaias. Non hai nada mellor ca gozar na neve co teu propio equipo!
Equipo de golf

En Vueling, podes facturar o teu equipo de golf e levalo onde vaias xogar.
Bicicleta

Con Vueling podes facturar a túa bicicleta como equipaxe especial e viaxar con ela a calquera destino.
Táboa de surf

Ti, a túa táboa de surf e as ondas... Factura a túa táboa de surf como equipaxe especial e lévaa canda ti nas túas viaxes.
Vela de windsurf

En Vueling podes facturar como equipaxe especial a túa vela de windsurf e levala cada ti a calquera destino Vueling.
Queres asegurar a túa miña equipaxe especial?

Co seguro de equipaxe especial “My hobbies”, a túa equipaxe especial estará protexida ante o roubo ou a perda.
(Condicións)Inclúe:
- Roubo ou perda de equipaxe: ata 600 €.
- Busca e localización de equipaxes.
- Perda e roubo de pasaporte: ata 300 €.
- Demora na entrega da equipaxe: ata 300 €.
Só por 14 € por traxecto!



