Escolle o teu asento

En Vueling podes elixir onde e con quen queres sentar, por suposto!

Hai un asento para cada viaxe e ocasión. Podes elixir as tarifas Optima e Excellence que xa inclúen asento ou escoller o asento que máis se axuste ás túas necesidades. Ademais, podes contratar un asento extra para viaxar máis cómodo.

Asento Priority

Entre as ringleiras 2 e 4. Viaxa nas primeiras ringleiras do avión para saír dos primeiros e goza do embarque preferente.

Asento Excellence

Na ringleira 1 do avión, con máis espazo e sen ninguén sentado ao teu carón.

Asento XL

Viaxa máis cómodo con máis espazo para estarricar as pernas e goza de embarque preferente.

Asento ringleiras dianteiras

Sentarás entre a ringleira 5 e 11, así poderás saír dos primeiros do avión.

Asento ringleiras posteriores

Da ringleira 15 á 31, para sentar a carón de quen ti queiras, ou para elixir entre ventá e corredor.

Asento Extra

Se queres gozar de máis espazo e privacidade ou se voas co teu instrumento musical, podes contratar o servizo de Asento Extra.

Seleccionaches unha data de ida que é posterior á data de regreso.
Antes de continuar debes seleccionar o número de pasaxeiros que van viaxar.