Documentación para viaxar

Sexa cal sexa o teu destino, cómpre que teñas clara de antemán a documentación que precisas para viaxar. Ver máis

Ten en conta que:

  • Se tes que pasar polo control de pasaportes, debes chegar ao aeroporto con tempo abondo.
  • Se voas dentro do espazo Schengen non será necesario pasar por ningún control de documentación.
  • Podes ampliar esta información na páxina web oficial de IATA ou na web do Consulado do país de destino.
• • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • •
Nacionalidade española
Voos domésticos (nacionais)
  • DNI ou pasaporte (acéptanse caducados).
  • Carné de conducir expedido en España.
Destinos Schengen
Países
  • DNI ou pasaporte en vigor.
    Excepción: os españois que viaxen a Alemaña, Austria, Bélxica, Francia, Holanda, Liechtenstein, Luxemburgo, Malta, Mónaco, Portugal, Suecia e Suíza poden viaxar co pasaporte caducado ata 5 anos.
UE/Non Schengen
Países
  • DNI ou pasaporte en vigor.
Non UE/Non Schengen
  • Pasaporte en vigor + visado para o país de destino se se require.
Nacionalidade italiana
Voos domésticos (nacionais)
  • Documento Nacional de Identidade.
  • Pasaporte en vigor.
  • Permiso de conducir con fotografía.
  • Licenza de navegación.
  • Carné de pensionista/xubilado.
  • Licenza para realización de instalacións térmicas.
  • Permiso de armas.
  • Tarxeta identificativa con fotografía emitida e selada pola Administración.
Destinos Schengen
Países
  • DNI ou pasaporte en vigor.
UE/Non Schengen
Países
  • DNI ou pasaporte en vigor.
Non UE/Non Schengen
  • Pasaporte en vigor + visado para o país de destino se se require.
Unión Europea + Andorra, Islandia, Noruega, Lietchtenstein e Suíza. Países
Voos domésticos (nacionais)
  • DNI ou pasaporte (acéptanse caducados).
  • Tarxeta de residencia expedida por un Estado Schengen en vigor.
  • Carné de conducir expedido en España.
Destinos Schengen
Países
  • DNI ou pasaporte en vigor.
    Excepción: os cidadáns de Alemaña (DNI caducado ata 1 ano), Austria, Bélxica, Francia, Holanda, Liechtenstein, Luxemburgo, Mónaco, Portugal e Suíza poderán voar a España co seu pasaporte caducado ata 5 anos.
UE/Non Schengen
Países
  • DNI ou pasaporte en vigor.
    Excepción: os cidadáns do Reino Unido poderán voar a España co pasaporte caducado ata 1 ano.
Non UE/Non Schengen
  • Pasaporte en vigor + visado para o país de destino se se require.
Outros países
Voos domésticos (nacionais)
  • Pasaporte* + visado se se require en vigor.
Destinos Schengen
Países
  • Pasaporte* + visado para o país de destino se se require en vigor.
  • Pasaporte* + Tarxeta de residencia expedida por un Estado Schengen en vigor.
UE/Non Schengen
Países
  • Pasaporte* + visado para o país de destino se se require. Ambos os dous en vigor.
Non UE/Non Schengen
  • Pasaporte* + visado para o país de destino se se require. Ambos os dous en vigor.

*Importante: O pasaporte deberá ser válido como mínimo tres meses despois da data prevista de partida do territorio dos Estados membros e deberá estar expedido dentro dos dez anos anteriores.

Menores de 14 anos con acompañante
Voos domésticos (nacionais)
  • Os pasaxeiros menores de 14 anos e bebés quedan exentos de levar documentación sempre e cando figuren na mesma reserva ca os adultos acompañantes.
    *A pesar de non ser obrigatorio, se o menor dispón de documentación propia, recomendamos levala.
Voos internacionais
  • Os pasaxeiros menores de 14 anos e bebés deben levar a súa propia documentación individual e unipersoal (DNI ou pasaporte) para viaxaren fóra de España ou no espazo da Unión Europea. Non serán válidas as inscricións de nenos no pasaporte dos pais.
Servizo de acompañamento de menores
Voos domésticos (nacionais)
  • DNI ou pasaporte en vigor + copias do formulario de autorización de menores cubertas a man e asinadas polo pai/nai ou titor.
Voos internacionais
  • DNI + copias do formulario de autorización de menores cubertas a man e asinadas polo pai/nai ou titor + autorización do pai/nai/titor que se obtén nas Comisarías de Policía, Postos da Garda Civil, Xulgados, Notarios e Alcaldes.

A contratación deste servizo durante a reserva é obrigatoria para nenos de entre 5 e 11 anos, aínda que existen 2 excepcións:
- Para pasaxeiros menores de ata 14 anos con orixe en calquera aeroporto de Italia, cómpre contratar este servizo a través do noso Centro de atención ao cliente.
- Para pasaxeiros menores de ata 18 anos de nacionalidade romanesa con orixe en calquera aeroporto de Romanía, cómpre contratar este servizo a través do noso Centro de atención ao cliente.

Menores españois entre 12 e 18 anos viaxando sós
Voos domésticos (nacionais)
  • DNI ou pasaporte en vigor.
Voos internacionais
  • DNI + autorización do pai/nai/titor que se obtén nas Comisarías de Policía, Postos da Garda Civil, Xulgados, Notarios e Alcaldes).
  • Pasaporte

*É posible que as autoridades esixan aos menores de 18 anos residentes en determinados países que viaxen sen a compañía dos seus pais ou dun titor legal un formulario asinado por estes antes da saída do voo, sen o cal non se lles permitirá embarcar. Para máis información, podes consultar as condicións de transporte.

*O servizo de acompañamento de menores debe solicitarse durante a reserva.

• • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • •

Información de Pasaxeiro por Anticipado (API)

Para voos con orixe ou destino Reino Unido ou voos desde un país que non forma parte do territorio Schengen cara a Europa, é obrigatorio cubrir o documento API (Información de Pasaxeiro por Anticipado). Esta información é requirida polos gobernos destes países antes de comezar a viaxe.

Residentes nas Illas Baleares, Illas Canarias e Ceuta

Actualmente, o proceso de validación da condición de residente realízase durante o proceso de compra enviándolle a información directamente ao Ministerio de Fomento. Os pasaxeiros, cuxa condición de residente non se verificase durante a reserva, deberán acreditar a súa residencia no mostrador de facturación ou na porta de embarque. Para iso, deberá presentarse o documento de empadroamento en vigor emitido polo propio concello ou a credencial das correspondentes Cámaras nas que conste a circunscrición de Deputado ou Senador electo. Ten en conta que se non se acredita a condición de residente, o pasaxeiro non poderá voar.

O documento nacional de identidade ou pasaporte servirá para acreditar a identidade, pero non a residencia, quedando VUELING lexitimada para facer copias da documentación presentada e de denegarlle o embarque ao pasaxeiro se detecta calquera deficiencia ou anomalía.

Familia numerosa

Antes do embarque, debe presentarse o orixinal ou unha copia compulsada do Certificado de membro de familia numerosa que os acredita como tales, expedidos pola Comunidade Autónoma.

Pasaxeiros que perderon a documentación

Denuncia orixinal presentada na Policía ou Autoridade Competente. Só para voos nacionais ou para pasaxeiros que regresen ao seu país (Estado Schengen). Os pasaxeiros que voen a outros destinos, deben poñerse en contacto coa embaixada do seu país.

• • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • •
Países pertencentes ao espazo Schengen
  • Alemaña, Austria, Bélxica, Dinamarca, España, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Holanda, Hungr��a, Islandia (non-UE), Italia, Letonia, Liechtenstein (non-UE), Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega ( non-UE), Polonia, Portugal, República Checa, Suecia e Suíza (non-UE).

Países pertencentes á Unión Europea (UE) - Non Schengen
  • Bulgaria, Chipre, Croacia, Irlanda, Reino Unido e Romanía.

Unión Europea
  • Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Croacia, Chipre, República Checa, Dinamarca, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Países Baixos, Polonia, Portugal, Romanía, Eslovaquia, Eslovenia, España, Suecia e Reino Unido.

Seleccionaches unha data de ida que é posterior á data de regreso.
Antes de continuar debes seleccionar o número de pasaxeiros que van viaxar.
• • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • •
902 808 022
8-24 h todos os días.
902 808 005
0-24 h todos os días (Atención personalizada: 9-21 h).
  • ©2016 Vueling Airlines SA