En Vueling utilizamos cookies para ofrecerche unha mellor experiencia de navegación e un servizo máis personalizado. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información consultando a nosa política. Aceptar

Tarifa Optima

Coa Tarifa Optima podes gozar de:

 Comparativa Tarifas
• • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • •

 

Combina as túas tarifas

Posibilidade de escoller diferentes tarifas para a ida e a volta.

 

Elixe o teu asento

Podes elixir o asento no que prefires viaxar entre as ringleiras dianteiras e as ringleiras posteriores do avión para sentar a carón de quen ti queiras ou para elixir entre ventá e corredor.

 

Adianta o teu voo

Podes adiantar o teu voo por outro que saia o mesmo día de forma completamente gratuíta.

Só poderás facer este cambio directamente no mostrador de vendas do aeroporto, entre 2 horas antes da saída do voo e a hora de peche de facturación dese voo (servizo suxeito a dispoñibilidade de prazas).

Podes adiantar o teu voo nos aeroportos de España para todos os voos que teñan máis dunha frecuencia ao día e se viaxas desde Amsterdam (AMS), Estocolmo (ARN), Atenas (ATH), Bordeos (BOD), Bruxelas (BRU), París (Charles de Gaulle) (CDG), Copenhague (CPH), Catania (CTA), Düsseldorf (DUS), Roma (FCO), Florencia (FLR), Frankfurt (FRA), Xénova (GOA), Hamburgo (HAM), Londres (Gatwick) (LGW), Lisboa (LIS), Lión (LYS), Marsella (MRS), Múnic (MUC), Milán (MXP), Nápoles (NAP), Niza (NCE), Nantes (NTE), París (Orly) (ORY), Palermo (PMO), Praga (PRG), Tel Aviv (TLV), Berlín-Tegel (TXL) e Venecia (VCE), Viena (VIE) e Zúric (ZRH).

 

Factura a túa maleta

Cada pasaxeiro da reserva pode facturar 1 maleta de ata 23 kg.

 

Posibilidade de acumular puntos co Programa Punto ou Avios co Programa Iberia Plus

Durante o proceso de compra o pasaxeiro poderá elixir se quere acumular os seus puntos Vueling no Programa Punto ou Avios no Programa Iberia Plus.

Cada pasaxeiro Punto da reserva poderá acumular 1 punto Vueling por cada 2 € que gaste nos seus voos.

Cada pasaxeiro Iberia Plus poderá acumular 0,80 Avios por cada milla voada con esta tarifa segundo a táboa de obtención de Avios

 

Check-in instantáneo

Ao rematar a túa reserva, recibirás a mensaxe de confirmación da túa reserva e outro correo electrónico coas tarxetas de embarque adxuntas (este servizo só está dispoñible se as túas condicións de pasaxeiro ou os aeroportos da túa reserva permiten o servizo de check-in online).

Proximamente para esta tarifa:

 

Adianta o teu voo desde a web e o móbil

Adianta o teu voo por outro que saia o mesmo día de xeito completamente gratuíto a través da nosa web ou desde o teu móbil.

Quero esta tarifa

Seleccionaches unha data de ida que é posterior á data de regreso.
Antes de continuar debes seleccionar o número de pasaxeiros que van viaxar.