En Vueling utilizamos cookies para ofrecerche unha mellor experiencia de navegación e un servizo máis personalizado. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información consultando a nosa política. Aceptar

Tarifa Optima

Coa Tarifa Optima podes gozar de:

 Comparativa Tarifas
• • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • •

 

Combina as túas tarifas

Posibilidade de escoller diferentes tarifas para a ida e a volta.

 

Elixe o teu asento

Podes elixir o asento no que prefires viaxar entre as ringleiras dianteiras e as ringleiras posteriores do avión para sentar a carón de quen ti queiras ou para elixir entre ventá e corredor.

 

Adianta o teu voo

Podes adiantar o teu voo por outro que saia o mesmo día de forma completamente gratuíta, sempre que o teu voo non se realizase aínda, non fixeses a túa reserva o mesmo día do voo, a ruta teña máis dunha frecuencia ao día e haxa prazas dispoñibles no novo voo.

Poderás facer o cambio a través do móbil nos seguintes aeroportos: A Coruña, Alacant, Almería, Amsterdam, Lanzarote, Barcelona, Berlín-Tegel, Bilbao, Bordeos, Bruxelas, Estocolmo, Frankfurt, Forteventura, Gran Canaria, Granada, Eivisa, Londres-Heathrow, Lille, Lisboa, Lión, Madrid, Menorca, Málaga, Mallorca, Marsella, Milán, Niza, Nantes, O Porto, París-Orly, Oviedo, Praga, Roma, San Sebastián, Santiago de Compostela, Santander, Sevilla, Tenerife Norte, Tenerife Sur, Tel Aviv, Venecia, Vigo, Valencia e Valladolid ata a hora de peche de facturación do novo voo.

Tamén podes adiantalo nas oficinas de venda de Vueling dos aeroportos de España e se viaxas desde: Amsterdam, Estocolmo, Atenas, Bordeos, Bruxelas, París-Charles de Gaulle, Copenhague, Catania, Düsseldorf, Roma, Florencia, Frankfurt, Xénova, Hamburgo, Londres-Gatwick, Lisboa, Lión, Marsella, Múnic, Milán, Nápoles, Niza, Nantes, París-Orly, Palermo, Praga, Tel Aviv, Berlín-Tegel, Venecia, Viena e Zürich entre 2 horas antes da saída do voo e o peche de facturación do devandito voo.

 

Factura a túa maleta

Cada pasaxeiro da reserva pode facturar 1 maleta de ata 23 kg.

 

Posibilidade de acumular puntos co Programa Punto ou Avios co Programa Iberia Plus

Durante o proceso de compra o pasaxeiro poderá elixir se quere acumular os seus puntos Vueling no Programa Punto ou Avios no Programa Iberia Plus.

Cada pasaxeiro Punto da reserva poderá acumular 1 punto Vueling por cada 2 € que gaste nos seus voos.

Cada pasaxeiro Iberia Plus poderá acumular 0,80 Avios por cada milla voada con esta tarifa segundo a táboa de obtención de Avios

 

Check-in instantáneo

Ao rematar a túa reserva, recibirás a mensaxe de confirmación da túa reserva e outro correo electrónico coas tarxetas de embarque adxuntas (este servizo só está dispoñible se as túas condicións de pasaxeiro ou os aeroportos da túa reserva permiten o servizo de check-in online).

Quero esta tarifa

Seleccionaches unha data de ida que é posterior á data de regreso.
Antes de continuar debes seleccionar o número de pasaxeiros que van viaxar.