Tarifa Optima

Coa Tarifa Optima podes gozar de:

 Comparativa Tarifas
• • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • •

 

Prezo con taxas incluídas

 

Unha maleta facturada (23kg)

Cada pasaxeiro da reserva pode facturar 1 maleta de ata 23 kg.

 

Asento nas ringleiras dianteiras ou posteriores do avión

Podes elixir o asento no que prefires viaxar entre as ringleiras dianteiras (entre a ringleira 3 e 11, así poderás saír dos primeiros do avión) e as ringleiras posteriores (entre a ringleira 15 á 31, para sentar a carón de quen ti queiras ou para elixir entre ventá e corredor).

 

Posibilidade de acumular puntos co Programa Punto ou Avios co Programa Iberia Plus

Durante o proceso de compra o pasaxeiro poderá elixir se quere acumular os seus puntos Vueling no Programa Punto ou Avios no Programa Iberia Plus.

Cada pasaxeiro Punto da reserva poderá acumular 1 punto Vueling por cada 2 € que gaste nos seus voos.

Cada pasaxeiro Iberia Plus poderá acumular 0,80 Avios por cada milla voada con esta tarifa segundo a táboa de obtención de Avios

 

Servizo adianta o teu voo

Adianta o teu voo por outro que saia o mesmo día de forma completamente gratuíta.

Só poderás facer este cambio directamente no mostrador de vendas do aeroporto, entre 2 horas antes da saída do novo voo e o peche do mostrador de facturación 40 minutos antes da saída do novo voo (excepto Roma, que pecha 55 minutos antes da saída do voo).

Lembra que o servizo para adiantar o teu voo está suxeito a dispoñibilidade de prazas.

Que voos podo adiantar?

  1. En aeroportos de España: este servizo estará dispoñible para todos os voos que teñan máis dunha frecuencia ao día.
  2. No resto de aeroportos: poderás adiantar o teu voo se viaxas desde Roma (FCO), Milán (MXP), París (ORY) e Venecia (VCE).

 

Check-in instantáneo

Ao finalizar a túa reserva, recibirás adxunto no correo electrónico de confirmación as tarxetas de embarque do teu voo (este servizo só está dispoñible se o aeroporto ao que voas ten habilitado o servizo de check-in online).

Proximamente para esta tarifa:

 

Adianta o teu voo desde a web e o móbil

Adianta o teu voo por outro que saia o mesmo día de xeito completamente gratuíto a través da nosa web ou desde o teu móbil.

 

Combina as túas tarifas

Posibilidade de escoller tarifas distintas para a ida e a volta.

Quero esta tarifa

Seleccionaches unha data de ida que é posterior á data de regreso.
Antes de continuar debes seleccionar o número de pasaxeiros que van viaxar.