En Vueling utilizamos cookies para ofrecerche unha mellor experiencia de navegación e un servizo máis personalizado. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información consultando a nosa política. Aceptar

Tarifa Excellence

Coa tarifa Excellence podes gozar de:

 Comparativa Tarifas
• • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • •

 

Combina as túas tarifas

Posibilidade de escoller diferentes tarifas para a ida e a volta.

 

Unha maleta facturada (23kg)

Cada pasaxeiro da reserva pode facturar 1 maleta de ata 23 kg.

Lembra que con Vueling tamén podes levar unha maleta de equipaxe de man, sempre que cumpra coas seguintes condicións: medidas máximas de 55x40x20 cm e peso máximo de 14 kg.

 

Asento Excellence

O asento máis exclusivo do avión, na ringleira 1, con máis espazo para viaxar máis cómodo e sen ninguén sentado ao teu carón.

 

Flexibilidade de cambios

Con esta tarifa tes a flexibilidade de cambios que necesitas xa que non pagas o cargo de cambio: podes realizar cambios ilimitados na túa reserva de horario e data a través da web e do teléfono de atención ao cliente. Tamén podes facer cambios de titular a través do teléfono de atención ao cliente. En ambos os dous casos, terase que pagar a diferenza no custo total da tarifa no momento de realizar o cambio (se a tarifa dispoñible é inferior no voo novo, non se aboará ningún reembolso).

 

Cancelación e reembolso do voo

Coa Tarifa Excellence podes cancelar o teu voo sempre e cando non se voase xa e reembolsámosche o importe total da tarifa (o pagamento con tarxeta ou Paypal e a compra de calquera servizo adicional que non se inclúa na tarifa non será aboado).

 

Mostradores de facturación exclusivos

Mostradores de facturación exclusivos nos aeroportos de Barcelona, Madrid e Bilbao.

 

Posibilidade de acumular puntos co Programa Punto ou Avios co Programa Iberia Plus

Durante o proceso de compra o pasaxeiro poderá elixir se quere acumular os seus puntos Vueling no Programa Punto ou Avios no Programa Iberia Plus.

Cada pasaxeiro Punto da reserva poderá acumular 1 punto Vueling por cada 2 € que gaste nos seus voos.

Cada pasaxeiro Iberia Plus poderá acumular 1 Avios por cada milla voada con esta tarifa segundo a táboa de obtención de Avios.

E lembra que cada vez que voes coa tarifa Excellence obterás máis Avios.

 

Embarque preferente

Só os pasaxeiros da Tarifa Excellence teñen a posibilidade de embarcar no momento que eles prefiran, sen facer colas e sen necesidade de esperar.

 

Espazo reservado a bordo para a equipaxe de man

Só os pasaxeiros da tarifa Excellence teñen espazo asegurado a bordo do avión para a súa equipaxe de man. Cada pasaxeiro poderá levar unha maleta de equipaxe de man incluída na súa reserva, sempre que cumpra coas seguintes condicións:

Medidas máximas: 55x40x20 cm

Peso máximo: 14 kg

 

Servizo adianta o teu voo

Adianta o teu voo por outro que saia o mesmo día de forma completamente gratuíta.

Só poderás facer este cambio directamente no mostrador de vendas do aeroporto, entre 2 horas antes da saída do novo voo e o peche do mostrador de facturación 40 minutos antes da saída do novo voo (excepto Roma, que pecha 55 minutos antes da saída do voo).

Lembra que o servizo para adiantar o teu voo está suxeito a dispoñibilidade de prazas.

Que voos podo adiantar?

  1. En aeroportos de España: este servizo estará dispoñible para todos os voos que teñan máis dunha frecuencia ao día.
  2. No resto de aeroportos: poderás adiantar o teu voo se viaxas desde Roma (FCO), Milán (MXP), Londres (LGW), Düsseldorf (DUS), Múnic (MUC), París (ORY) e Venecia (VCE).

 

Check-in instantáneo

Ao finalizar a túa reserva, recibirás adxunto no correo electrónico de confirmación as tarxetas de embarque do teu voo (Este servizo só está dispoñible se os aeroportos da túa reserva permiten o servizo de check-in online).

 

Catering a elixir a bordo

Elixe o snack, bocadillo ou bebida que prefiras durante o voo.

 

Carril rápido en filtro de seguridade

Poderás evitar facer colas no filtro de seguridade nos aeroportos de Barcelona, Berlín-Tegel, París (Orly), Bruxelas e Amsterdam presentando a túa tarxeta de embarque na zona sinalada como “Carril rápido”.

 

Salas VIP no aeroporto

Presenta a túa tarxeta de embarque na sala VIP do aeroporto de Barcelona para gozar de acceso esta. En xuño dispoñible nos aeroportos de Madrid, Mallorca, Alacante, Málaga, Amsterdam, Bruxelas, Roma, Milán, Lisboa, Estocolmo, Goteburgo, Hamburgo, Berlín, Palermo, París e Cardiff.

Proximamente para esta tarifa:

 

Servizo adianta o teu voo en web e móbil

Adianta o teu voo por outro que saia o mesmo día de xeito completamente gratuíto a través da nosa web ou o teu móbil.

Quero esta tarifa

Seleccionaches unha data de ida que é posterior á data de regreso.
Antes de continuar debes seleccionar o número de pasaxeiros que van viaxar.