Tarifa Excellence

Coa tarifa Excellence podes gozar de:
Comparativa Tarifas
Prezo con taxas incluídas
Unha maleta facturada (23kg)
Cada pasaxeiro da reserva pode facturar 1 maleta de ata 23 kg.
Lembra que con Vueling tamén podes levar unha maleta de equipaxe de man, sempre que cumpra coas seguintes condicións: medidas máximas de 55x40x20 cm e peso máximo de 10 kg.
Asento Excellence
O asento máis exclusivo do avión, na ringleira 1, con máis espazo para viaxar máis cómodo e sen ninguén sentado ao teu carón.
Flexibilidade de cambios
Con esta tarifa tes a flexibilidade de cambios que necesitas xa que non pagas o cargo de cambio: podes realizar cambios ilimitados na túa reserva de horario e data a través da web e do teléfono de atención ao cliente. Tamén podes facer cambios de titular a través do teléfono de atención ao cliente. En ambos os dous casos, terase que pagar a diferenza no custo total da tarifa no momento de realizar o cambio (se a tarifa dispoñible é inferior no voo novo, non se aboará ningún reembolso).
Cancelación e reembolso do voo
Coa Tarifa Excellence podes cancelar o teu voo sempre e cando non se voase xa un dos tramos e reembolsámosche o importe total da tarifa (o pagamento con tarxeta ou Paypal e a compra de calquera servizo adicional que non se inclúa na tarifa non será aboado).
Mostradores de facturación exclusivos
Mostradores de facturación exclusivos nos aeroportos de Barcelona, Madrid e Bilbao.
Posibilidade de acumular puntos co Programa Punto ou Avios co Programa Iberia Plus
Durante o proceso de compra o pasaxeiro poderá elixir se quere acumular os seus puntos Vueling no Programa Punto ou Avios no Programa Iberia Plus.
Cada pasaxeiro Punto da reserva poderá acumular 1 punto Vueling por cada 2 € que gaste nos seus voos.
Cada pasaxeiro Iberia Plus poderá acumular 1 Avios por cada milla voada con esta tarifa segundo a táboa de obtención de Avios.
E lembra que cada vez que voes coa tarifa Excellence obterás máis Avios.
Embarque preferente
Só os pasaxeiros da Tarifa Excellence teñen a posibilidade de embarcar no momento que eles prefiran, sen facer colas e sen necesidade de esperar.
Espazo reservado a bordo para a equipaxe de man
Só os pasaxeiros da tarifa Excellence teñen espazo asegurado a bordo do avión para a súa equipaxe de man. Cada pasaxeiro poderá levar unha maleta de equipaxe de man incluída na súa reserva, sempre que cumpra coas seguintes condicións:
Medidas máximas: 55x40x20 cm
Peso máximo: 14 kg
Servizo adianta o teu voo
Adianta o teu voo por outro que saia o mesmo día de forma completamente gratuíta.
Só poderás facer este cambio directamente no mostrador de vendas do aeroporto, entre 2 horas antes da saída do novo voo e o peche do mostrador de facturación 40 minutos antes da saída do novo voo (excepto Roma, que pecha 55 minutos antes da saída do voo).
Lembra que o servizo para adiantar o teu voo está suxeito a dispoñibilidade de prazas.
Que voos podo adiantar?
- En aeroportos de España: este servizo estará dispoñible para todos os voos que teñan máis dunha frecuencia ao día.
- No resto de aeroportos: poderás adiantar o teu voo se viaxas desde Roma (FCO), Milán (MXP), París (ORY) e Venecia (VCE).
Check-in instantáneo
Ao finalizar a túa reserva, recibirás adxunto no correo electrónico de confirmación as tarxetas de embarque do teu voo (este servizo só está dispoñible se o aeroporto ao que voas ten habilitado o servizo de check-in online).
Catering a elixir a bordo
Elixe o snack, bocadillo ou bebida que prefiras durante o voo.

Carril rápido en filtro de seguridade
Poderás evitar facer colas no filtro de seguridade no aeroporto de Barcelona presentando a túa tarxeta de embarque na zona sinalada como “Carril rápido”.

Salas VIP no aeroporto
Presenta a túa tarxeta de embarque na sala VIP do aeroporto de Barcelona para gozar de acceso esta. En xuño dispoñible nos aeroportos de Madrid, Mallorca, Alacante, Málaga, Amsterdam, Bruxelas, Roma, Milán, Lisboa, Estocolmo, Goteburgo, Hamburgo, Berlín, París e Cardiff.
Servizo adianta o teu voo en web e móbil
Adianta o teu voo por outro que saia o mesmo día de xeito completamente gratuíto a través da nosa web ou o teu móbil.
Combina as túas tarifas
Posibilidade de escoller tarifas distintas para a ida e a volta.

