Tarifa Excellence

Coa tarifa Excellence podes gozar de:
Comparativa Tarifas
Prezo con taxas incluídas
Unha maleta facturada (23kg)
Cada pasaxeiro da reserva pode facturar 1 maleta de ata 23 kg.
Lembra que con Vueling tamén podes levar unha maleta de equipaxe de man, sempre que cumpra coas seguintes condicións: medidas máximas de 55x40x20 cm e peso máximo de 10 kg.
Asento Excellence
O asento máis exclusivo do avión, na ringleira 1, con máis espazo para viaxar máis cómodo e sen ninguén sentado ao teu carón.
Flexibilidade de cambios
Con esta tarifa tes a flexibilidade de cambios que necesitas xa que non pagas o cargo de cambio: podes realizar cambios ilimitados na túa reserva de horario e data a través da web e do teléfono de atención ao cliente. Tamén podes facer cambios de titular a través do teléfono de atención ao cliente. En ambos os dous casos, terase que pagar a diferenza no custo total da tarifa no momento de realizar o cambio (se a tarifa dispoñible é inferior no voo novo, non se aboará ningún reembolso).
Cancelación e reembolso do voo
Coa Tarifa Excellence podes cancelar o teu voo sempre e cando non se voase xa un dos tramos e reembolsámosche o importe total da tarifa (o pagamento con tarxeta ou Paypal e a compra de calquera servizo adicional que non se inclúa na tarifa non será aboado).
Mostradores de facturación exclusivos
Mostradores de facturación exclusivos nos aeroportos de Barcelona, Madrid e Bilbao.
Posibilidade de acumular puntos co Programa Punto ou Avios co Programa Iberia Plus
Durante o proceso de compra o pasaxeiro poderá elixir se quere acumular os seus puntos Vueling no Programa Punto ou Avios no Programa Iberia Plus.
Cada pasaxeiro Punto da reserva poderá acumular 1 punto Vueling por cada 2 € que gaste nos seus voos.
Cada pasaxeiro Iberia Plus poderá acumular 1 Avios por cada milla voada con esta tarifa segundo a táboa de obtención de Avios.
E lembra que cada vez que voes coa tarifa Excellence obterás máis Avios.
Embarque preferente
Só os pasaxeiros da Tarifa Excellence teñen a posibilidade de embarcar no momento que eles prefiran, sen facer colas e sen necesidade de esperar.
Espazo reservado a bordo para a equipaxe de man
Só os pasaxeiros da tarifa Excellence teñen espazo asegurado a bordo do avión para a súa equipaxe de man. Cada pasaxeiro poderá levar unha maleta de equipaxe de man incluída na súa reserva, sempre que cumpra coas seguintes condicións:
Medidas máximas: 55x40x20 cm
Peso máximo: 14 kg
Servizo adianta o teu voo
Adianta o teu voo por outro que saia o mesmo día de forma completamente gratuíta.
Só poderás facer este cambio directamente no mostrador de vendas do aeroporto, entre 2 horas antes da saída do novo voo e o peche do mostrador de facturación 40 minutos antes da saída do novo voo (excepto Roma, que pecha 55 minutos antes da saída do voo).
Lembra que o servizo para adiantar o teu voo está suxeito a dispoñibilidade de prazas.
Que voos podo adiantar?
- En aeroportos de España: este servizo estará dispoñible para todos os voos que teñan máis dunha frecuencia ao día.
- No resto de aeroportos: poderás adiantar o teu voo se viaxas desde Roma (FCO), Milán (MXP), París (ORY) e Venecia (VCE).
Check-in instantáneo
Ao finalizar a túa reserva, recibirás adxunto no correo electrónico de confirmación as tarxetas de embarque do teu voo (este servizo só está dispoñible se o aeroporto ao que voas ten habilitado o servizo de check-in online).
Snack e bebida a bordo
Durante o voo poderás gozar dun snack e a bebida non alcohólica que prefiras. No avión informarante entre que snacks diferentes podes elixir.
Servizo adianta o teu voo en web e móbil
Adianta o teu voo por outro que saia o mesmo día de xeito completamente gratuíto a través da nosa web ou o teu móbil.
Combina as túas tarifas
Posibilidade de escoller tarifas distintas para a ida e a volta.

