En Vueling utilizamos cookies para ofrecerche unha mellor experiencia de navegación e un servizo máis personalizado. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información consultando a nosa política. Aceptar

Tarifa Excellence

Coa tarifa Excellence podes gozar de:

 Comparativa Tarifas
• • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • •

 

Combina as túas tarifas

Posibilidade de escoller diferentes tarifas para a ida e a volta.

 

Asento Excellence

O asento máis exclusivo do avión, na ringleira 1, sen ninguén sentado ao teu carón.

 

Flexibilidade total en cambios e cancelacións

Podes realizar todos os cambios que precises na túa reserva tanto de horario coma de data sen pagar o cargo por cambio, a través da web e do teléfono de atención ao cliente. Tamén podes facer cambios de titular a través do teléfono de atención ao cliente. En ambos os dous casos, só terás que pagar a diferenza de tarifa no momento de realizar o cambio (se a tarifa dispoñible é inferior no voo novo, non se aboará ning��n reembolso).

Tamén poderás cancelar o teu voo, sempre que non se voase algún do tramos e reembolsarémosche o importe total da tarifa (o pagamento con tarxeta ou Paypal e a compra de calquera servizo adicional que non se inclúa na tarifa non será aboado).

 

Factura a túa maleta

Cada pasaxeiro da reserva pode facturar 1 maleta de ata 23 kg.

 

Mostradores de facturación exclusivos

Mostradores de facturación exclusivos nos aeroportos de Barcelona, Madrid e Bilbao*.

 

Carril rápido en filtro de seguridade

Poderás evitar facer colas no filtro de seguridade nos aeroportos de Barcelona, Berlín-Tegel, Frankfurt, Düsseldorf, Múnic, Hamburgo, Bruxelas e Amsterdam presentando a túa tarxeta de embarque na zona sinalada como “Carril rápido”.

 

Acceso a salas VIP

Presenta a túa tarxeta de embarque nos aeroportos de Barcelona, Madrid, Mallorca, Alacante, Málaga, Amsterdam, Londres-Gatwick, Bruxelas, Roma, Bolonia, Milán, Lisboa, Estocolmo, Goteburgo, Hamburgo, Berlín-Tegel, Palermo, París (Orly) e Cardiff, e poderás gozar de acceso á sala VIP.

 

Embarque preferente

Embarca no momento que prefiras, sen facer colas e sen necesidade de esperar.

 

Espazo reservado para a túa equipaxe de man

Só os pasaxeiros da tarifa Excellence teñen espazo asegurado a bordo do avión para a súa equipaxe de man.

Medidas máximas: 55x40x20 cm.

Peso máximo: 14 kg.

 

Catering para elixir a bordo

Elixe o snack, bocadillo ou bebida que prefiras durante o voo.

 

Check-in instantáneo

Ao rematar a túa reserva, recibirás a mensaxe de confirmación da túa reserva e outro correo electrónico coas tarxetas de embarque adxuntas (este servizo só está dispoñible se as túas condicións de pasaxeiro ou os aeroportos da túa reserva permiten o servizo de check-in online).

 

Posibilidade de acumular puntos co Programa Punto ou Avios co Programa Iberia Plus

Durante o proceso de compra o pasaxeiro poderá elixir se quere acumular os seus puntos Vueling no Programa Punto ou Avios no Programa Iberia Plus.

Cada pasaxeiro Punto da reserva poderá acumular 1 punto Vueling por cada 2 € que gaste nos seus voos.

Cada pasaxeiro Iberia Plus poderá acumular 1 Avios por cada milla voada con esta tarifa segundo a táboa de obtención de Avios.

E lembra que cada vez que voes coa tarifa Excellence obterás máis Avios.

  • *Proximamente en máis aeroportos.
Proximamente para esta tarifa:

 

Servizo adianta o teu voo en web e móbil

Adianta o teu voo por outro que saia o mesmo día de xeito completamente gratuíto a través da nosa web ou o teu móbil.

Quero esta tarifa

Seleccionaches unha data de ida que é posterior á data de regreso.
Antes de continuar debes seleccionar o número de pasaxeiros que van viaxar.