Incidencias de equipaxes
Coñece a información actualizada sobre a localización da túa maleta.

Sabemos o importante que é ter toda a información posible sobre a túa equipaxe. Por iso, poñemos á túa disposición o sistema de busca mundial WorldTracer, desde o que poderás coñecer a última información sobre a localización da túa maleta.
Se os detalles do expediente que che amosamos deben ser corrixidos, debes notificalos o antes posible para poder actualizalos; así poderemos devolverche a equipaxe con maior rapidez.
En canto recibamos a túa equipaxe, avisarémoste para acordar unha hora de entrega.
Se transcorreron máis de 4 días desde que se extraviou a túa equipaxe e aínda non a localizamos, por favor fai clic aquí e engade a información que creas conveniente.
Para máis información sobre a túa maleta danada, completa o seguinte formulario facendo clic aquí


