Atención de equipaxes

A gran maioría de pezas de equipaxe que transportamos chegan cos nosos pasaxeiros ao seu destino de forma rápida e segura, pero ás veces poden ocorrer imprevistos. Pedímosche desculpas polo incidente acontecido e lamentamos os inconvenientes que isto che puidese causar. Facemos todo o posible para solucionar a situación coa maior rapidez.

Seguimento da túa maleta

Estamos traballando para enviarche a túa equipaxe nas próximas 24 horas ao enderezo indicado no parte creado no aeroporto (P.I.R.). Para a túa tranquilidade, informámoste de que a maioría das equipaxes son localizadas e entregadas dentro das seguintes 72 horas.

Mentres tanto, podes consultar a última información sobre a localización da túa maleta accedendo ao sistema de busca mundial WorldTracer.

Revisa os datos

Se a pesar dos esforzos que estamos a realizar para devolverche a túa equipaxe, pasaron máis de 5 días e aínda non a recibiches, por favor, completa o seguinte formulario para revisar a información do expediente e, ademais, detalla o contido da maleta para facilitar a súa localización.

Reclama o teu seguro de equipaxe

Se contrataches un seguro que cubre incidencias coa equipaxe, recomendámosche que contactes coa aseguradora antes de iniciar o proceso de reclamación con Vueling, xa que é posible que a túa póliza teña unha maior cobertura. Se o desexas, podes contactar connosco para solicitarnos un informe cos detalles da perda, o dano ou o atraso da túa equipaxe.

Danos na túa maleta

Se a túa maleta resultou danada durante a viaxe, por favor completa o seguinte formulario para xestionar a súa substitución.

No caso de que a túa equipaxe non sexa unha maleta, por favor, ponte en contacto connosco para que poidamos ofrecerche unha solución.

Lembra que en calquera caso deberás achegar o informe (P.I.R.) que se emitiu nas oficinas de equipaxes no aeroporto.

Consulta as condicións de transporte de equipaxe para coñecer os danos cubertos por Vueling.

Obxectos esquecidos a bordo

Se esqueciches algo nun dos nosos avións, podes enviarnos un correo electrónico coa consulta a oexvy@iberia.es incluíndo os seguintes detalles:

Descrición do obxecto (cor, tamaño, marca...), nome do pasaxeiro, teléfono, correo electrónico de contacto, nº de voo, nº de asento, data do voo e ruta.

Se recibimos o obxecto reclamado, comunicarémoscho.

Contacta connosco

Se desexas realizar calquera outra consulta sobre equipaxes perdidas ou danadas, podes enviarnos un correo electrónico a equipajevueling@infopir.net ou poñerte en contacto telefónico co noso Centro de Atención ao cliente.

Para realizar calquera outro tipo de consulta relacionada con equipaxes, accede ao nosos asistente virtual.

Prazos de reclamación

Prazos de reclamación
MotivoData límite
Gastos xerados por atrasos de equipaxe 21 días a partir da recepción da equipaxe.
Danos na equipaxe 7 días a partir da recepción da equipaxe.
Seleccionaches unha data de ida que é posterior á data de regreso.
Antes de continuar debes seleccionar o número de pasaxeiros que van viaxar.
• • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • •
902 808 022
8-24 h todos os días.
902 808 005
0-24 h todos os días (Atención personalizada: 9-21 h).
  • ©2016 Vueling Airlines SA