En Vueling utilizamos cookies para ofrecerche unha mellor experiencia de navegación e un servizo máis personalizado. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información consultando a nosa política. Aceptar

Documentación de Viaxe

Nacionalidade Pax

Voos domésticos

Destinos Schengen

UE / Non Schengen

Croacia

Non UE/Non Schengen

Españois
DNI Pasaporte (acéptanse caducados)
Carné de conducir expedido en España
DNI PASAPORTE En vigor (Excepción A)
DNI PASAPORTE En Vigor
DNI PASAPORTE En vigor
PASAPORTE + visado para o país de destino se se require. En vigor.
Unión Europea + Andorra, Islandia, Noruega, Liechtenstein e Suíza.
DNI Pasaporte (acéptanse caducados)
PASAPORTE + Tarxeta de residencia expedida por un Estado Schengen en vigor.
Carné de conducir expedido en España.
DNI PASAPORTE En vigor (Excepción B)
DNI PASAPORTE En vigor (Excepción C).
DNI PASAPORTE En vigor.
PASAPORTE + visado para o país de destino se se require. En vigor.
Terceiros Países.
PASAPORTE* + visado se se require en vigor.
PASAPORTE* + visado para o país de destino se se require en vigor.
PASAPORTE* + Tarxeta de residencia expedida por un Estado Schengen en vigor.
PASAPORTE* + visado para o país de destino se se require. En vigor.
PASAPORTE* + visado para o país de destino se se require. En vigor.
PASAPORTE* + visado para o país de destino se se require. En vigor.
* O pasaporte deberá ser válido como mínimo tres meses despois da data prevista de partida do territorio dos Estados membros e deberá estar expedido dentro dos dez anos anteriores.
Os españois que viaxen a Alemaña, Austria, Bélxica, Francia, Holanda, Liechtenstein, Luxemburgo, Malta, Mónaco, Portugal, Suecia e Suíza poden viaxar co pasaporte caducado ata cinco anos despois de finalizado o seu período en vigor.

Documentación caducada

Excepción A)
Os españois que viaxen a Alemaña, Austria, Bélxica, Francia, Holanda, Liechtenstein, Luxemburgo, Malta, Mónaco, Portugal, Suecia e Suíza poden viaxar co pasaporte caducado ata 5 anos.
Excepción B)
Os cidadáns de: Alemaña (DNI ata 1 ano), Austria, Bélxica, Francia, Holanda, Liechtenstein, Luxemburgo, Mónaco, Portugal e Suíza poderán voar a España co seu pasaporte caducado ata 5 anos.
Excepción C)
Os cidadáns de Reino Unido poderán voar a España co pasaporte caducado ata 1 ano.

Documentación necesaria para residentes nas Illas Baleares, Illas Canarias e Ceuta

Para obter o desconto cada pasaxeiro deberá acreditar no mostrador de facturación ou porta de embarque a súa condición de residente mediante o documento de empadroamento en vigor emitido polo propio concello ou a credencial das correspondentes Cámaras nas que conste a circunscrición do Deputado ou Senador electo.

O documento nacional de identidade ou pasaporte servirá para acreditar a identidade, pero non a residencia, quedando VUELING lexitimada para facer copias da documentación presentada e de denegarlle o embarque ao pasaxeiro se detecta calquera deficiencia ou anomalía.

Menores de 14 anos con acompañante

Os pasaxeiros menores de 14 anos quedan exentosde levar documentación sempre e cando se cumpran os seguintes supostos:
  • Voos nacionais.
  • Figuren na mesma reserva ca os adultos acompañantes.

Os pasaxeiros menores de 14 anos que viaxen a destinos internacionais teñen a obriga de:

  • Voos internacionais deben levar a súa propia documentación individual e unipersoal para viaxaren fóra de España ou no espazo da Unión Europea. Non serán válidas as inscricións de nenos no pasaporte dos pais.

Menores entre 12 e 18 anos viaxando sós

Voos nacionais:
  • Documento Nacional de Identidade ou Pasaporte en vigor.
Voos internacionais:
  • Documento Nacional de Identidade en vigor + autorización do pai/nai/titor que se obtén nas Comisarías de Policía, Postos da Garda Civil, Xulgados, Notarios e Alcaldes).
  • Pasaporte (ver cadro de arriba).

Pasaxeiros que perderon a documentación

Denuncia orixinal presentada na Policía ou Autoridade Competente. Só para voos nacionais ou para pasaxeiros que regresen ao seu país (Estado Schengen).

Información complementaria

Para todas as excepcións que saian da normativa exposta no cadro, pódese consultar a web www.iatatravelcentre.com

Por exemplo, é válido presentar un documento de viaxe expedido de conformidade co contido da Convención sobre o Estatuto dos Refuxiados da ONU. Este documento, que deberá emitir un goberno de acordo co Artigo 28(1) da Convención da ONU de 1951, acéptase como pasaporte válido. Así mesmo, é válido un documento de viaxe de conformidade co contido da Convención da ONU, que deberá emitir un dos Estados contratantes segundo o estipulado no Artigo 27 da Convención da ONU de 1954 para os apátridas. Tamén poden voar os nenos alemáns menores de 10 anos que utilicen o documento de viaxe Kinderausweis emitido polo goberno.

Seleccionaches unha data de ida que é posterior á data de regreso.
Antes de continuar debes seleccionar o número de pasaxeiros que van viaxar.