En Vueling utilizamos cookies para ofrecerche unha mellor experiencia de navegación e un servizo máis personalizado. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información consultando a nosa política. Aceptar

Check-in online

  1. Aforra tempo e evita colas no aeroporto co check-in online

  2. Podes imprimir a túa tarxeta de embarque desde o teu ordenador ou recibila directamente no teu teléfono móbil e ademais gratis!
  • Se voas coa Tarifa Optima ou Excellence, ou seleccionaches asento coa Tarifa Basic, poderás facer o check-in online desde o momento que compras o teu billete ata 4 horas antes da saída do teu voo (excepto se voas desde Lisboa, Praga, Frankfurt ou Londres Heathrow, que só permite realizar o check-in online ata 24 horas antes).
  • Se non elixiches asento durante a compra, poderás facer o check-in gratis desde 3 días ata 4 horas antes da saída do voo e asignaráseche un asento aleatorio (se voas desde Lisboa, Praga, Frankfurt ou Londres Heathrow, só é posible realizar o check-in ata 24 horas antes).

Check-in online instantáneo incluído con:

 

Tarifa Optima  

 

Tarifa Excellence  

Se voas cunha de estas tarifas, recibirás unha mensaxe de correo electrónico coas tarxetas de embarque adxuntas, despois da confirmación da túa compra (Este servizo só está dispoñible se os aeroportos da túa reserva permiten o servizo de check-in online).

O check-in online é un servizo gratuíto que ofrece Vueling aos seus pasaxeiros e que permite obter as tarxetas de embarque antes do voo e así aforrar tempo no aeroporto.


Podes obter as túas tarxetas de embarque en diferentes formatos:

 

  • Impreso: A túa tarxeta de embarque estará en formato PDF e precisarás imprimila para presentala o día do voo no aeroporto.
  • No móbil: Recibirás un SMS coa túa tarxeta de embarque para presentalo o día do voo.
  • Na aplicación para iPhone e Android: Poderás descargar a túa tarxeta de embarque na propia aplicación para presentala o día do voo.

A maioría dos aeroportos permiten viaxar co check-in online, pero hai algúns que non teñen habilitado este servizo. Comproba se o teu aeroporto permite viaxar co check-in online.

 

Ademais hai pasaxeiros que polas súas necesidades especiais de asento non poden realizar o check-in impreso ou móbil e deben acudir ao mostrador de facturación do aeroporto o día do voo:

 

  • Pasaxeiros que viaxan con bebés.
  • Menores que viaxan co servizo de menores non acompañados.
  • Pasaxeiros que viaxan coa súa mascota.
  • Pasaxeiros con necesidades especiais: problemas de mobilidade reducida, cegueira ou discapacidade intelectual.

Se tes calquera dúbida sobre o funcionamento do check-in online, nas preguntas frecuentes atoparás a resposta ás consultas máis habituais dos pasaxeiros.

 

Recibe a túa tarxeta de embarque impresa ou no móbil


Empeza o check-in online

O mellor de realizar o check-in online:

  • Evita colas de última hora no aeroporto.
  • É un servizo gratuíto.
  • Se fas o check-in móbil, aforras papel e levas contigo todo o necesario para voar.
Seleccionaches unha data de ida que é posterior á data de regreso.
Antes de continuar debes seleccionar o número de pasaxeiros que van viaxar.