Buscador de voos baratos

Como buscar voos baratos: os mellores consellos

Moitas veces hai que saber como buscar voos baratos e estar atento ás ofertas que se publican. En Vueling non só queremos que viaxes ao mellor prezo, tamén que aforres dores de cabeza innecesarios cando busques esa oferta que outros atopan e que a ti che escapa.

• • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • •

Guía para voar máis barato

Confía en nós. Segue esta guía para atopar voos a bo prezo: verás cantos cartos aforras nas túas próximas reservas!

  • Cando é máis barato viaxar?

    Sempre será máis barato se o fas en tempada baixa, concretamente nos meses de outono e despois do Nadal.

  • Contrata a equipaxe por adiantado

    Sé previsor: se cres que vas precisar facturar maleta, faino pronto. A razón? É ata un 40% máis barato facturar online ca no aeroporto.

  • Reserva no momento axeitado

    Se sabes con tempo onde irás nos próximos meses, recomendámosche que te deas presa e reserves o antes posible. Concretamente, cun par de meses de antelación: atoparás os mellores prezos e non terás problemas para atopar a túa praza.

  • Voa a aeroportos principais

    Tes sorte: en Vueling sempre voamos aos aeroportos principais de cada cidade. Evitarás complicados desprazamentos e gastos extras. E terás máis tempo para gozar do teu destino!

  • Tes flexibilidade? Voa a mediodía

    As mellores horas para voar son as do mediodía. Nesta franxa horaria é onde atoparás os nosos mellores prezos e, ademais, tamén evitarás as horas puntas nos aeroportos e as aglomeracións.

  • Non o deixes para última hora!

    Hai unha lenda urbana que di que os prezos baixan a última hora… Xa é hora de desmontala! Así que non fagas caso: non é boa idea deixar unha reserva para o último día, os prezos adoitan ser máis altos a medida que se achega a data de viaxe.

  • Contrata ida e volta

    Sempre que poidas, compra ida e volta á vez; non deixes a volta para outra ocasión… Facer dúas reservas por separado sempre che pode xerar máis gastos e, ademais, os prezos de cada voo poden subir!

  • Que día é máis barato voar?

    Non existe un día fixo para as gangas. Lanzamos promocións periodicamente; para estar ao tanto delas, só ten que subscribirte á nosa newsletter. Terás na túa bandexa de entrada as nosas mellores ofertas!

• • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • •

Descarga a nosa app!

Vive a experiencia Vueling esteas onde esteas.

  • Consulta as nosas ofertas desde calquera lugar

  • Reserva voos e xestiona comodamente as túas reservas

  • Fai o check-in desde o teu móbil e evita colas no aeroporto

Descárgaa agora:

Seleccionaches unha data de ida que é posterior á data de regreso.
Antes de continuar debes seleccionar o número de pasaxeiros que van viaxar.