Error loading MacroEngine script (file: /Views//FindYourFlight/FindYourFlight.cshtml)
• • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • •

Guía para voar máis barato

Confía en nós. Segue esta guía para atopar voos a bo prezo: verás cantos cartos aforras nas túas próximas reservas!

  • Cando é máis barato viaxar?

    Sempre será máis barato se o fas en tempada baixa, concretamente nos meses de outono e despois do Nadal.

  • Contrata a equipaxe por adiantado

    Sé previsor: se cres que vas precisar facturar maleta, faino pronto. A razón? É ata un 40% máis barato facturar online ca no aeroporto.

  • Reserva no momento axeitado

    Se sabes con tempo onde irás nos próximos meses, recomendámosche que te deas presa e reserves o antes posible. Concretamente, cun par de meses de antelación: atoparás os mellores prezos e non terás problemas para atopar a túa praza.

  • Voa a aeroportos principais

    Tes sorte: en Vueling sempre voamos aos aeroportos principais de cada cidade. Evitarás complicados desprazamentos e gastos extras. E terás máis tempo para gozar do teu destino!

  • Tes flexibilidade? Voa a mediodía

    As mellores horas para voar son as do mediodía. Nesta franxa horaria é onde atoparás os nosos mellores prezos e, ademais, tamén evitarás as horas puntas nos aeroportos e as aglomeracións.

  • Non o deixes para última hora!

    Hai unha lenda urbana que di que os prezos baixan a última hora… Xa é hora de desmontala! Así que non fagas caso: non é boa idea deixar unha reserva para o último día, os prezos adoitan ser máis altos a medida que se achega a data de viaxe.

  • Contrata ida e volta

    Sempre que poidas, compra ida e volta á vez; non deixes a volta para outra ocasión… Facer dúas reservas por separado sempre che pode xerar máis gastos e, ademais, os prezos de cada voo poden subir!

  • Que día é máis barato voar?

    Non existe un día fixo para as gangas. Lanzamos promocións periodicamente; para estar ao tanto delas, só ten que subscribirte á nosa newsletter. Terás na túa bandexa de entrada as nosas mellores ofertas!

• • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • •

Descarga a nosa app!

Vive a experiencia Vueling esteas onde esteas.

  • Consulta as nosas ofertas desde calquera lugar

  • Reserva voos e xestiona comodamente as túas reservas

  • Fai o check-in desde o teu móbil e evita colas no aeroporto

Descárgaa agora:

Seleccionaches unha data de ida que é posterior á data de regreso.
Antes de continuar debes seleccionar o número de pasaxeiros que van viaxar.